A música será un dos pratos fortes mañá xoves, 5 de abril, na programación das festas de San Telmo. As actuación previstas inicialmente para o venres anticípanse para mañá debido á previsión de choiva que hai para venres. Deste xeito o Paseo da Corredoira acollerá dende ás 19:00 horas o Mercado de Autor e Food Trucks coa participación de Pau e Lume, MisCo-Midas e La chaca. Ás 20:00 horas comezará o karaoke no que calquera persoa poderá participar interpretando as súas cancións favoritas.
Ás 22:15 horas será a quenda do grupo Broken Peach, unha formación integrada por de 3 a 5 voces, con batería, baixo, guitarra e piano. Achegarán ao público versións dos anos 70, 80 e 90 até a actualidade, nun concerto pensado para todas as idades e para desfrutar bailando. Os seus directos caracterízanse por unha coidada estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes. Amais o seu eclecticismo músical vai do soul hasta el rock, pasando polo gospel, funk, pop, …
A continuación será a quenda dj Gramola cunha coidada selección musical en vinilo.
Consulta la programación completa de San Telmo 2018
Amais de 11:00 a 13:00 horas continúan as actividades con Chirlomirlo. Mañá os nenos serán aprendices de magos fabricando a súa variña, e practicando trucos de maxia…baixo o título de “Escola de Maxia”. Mentres ás 16:00 horas comeza na Sala Félix Rodríguez a proxección de “Vaiana”.
Por último ás 21:00 horas, no Teatro Municipal de Tui dentro da semana de teatro afeccionado, será a quenda do grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe que estreará “Aquí non se paga” de Dario Fo. Doce actores, baixo a dirección de Areta Bolado, interpretan esta comedia na que dúas mulleres inician unha revolta popular contra a suba dos prezos no supermercado. As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30h ao prezo de 1,5€.