O sindicalista Xosé Díaz presenta o ensaio "As contas que nos contan"

Publicidad

O sindicalista Xosé Díaz será o protagonista do ciclo "Venres D_letras" do mes de outubro, que terá lugar o venres, día 13, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, a partir das 20.30 horas. Díaz presentará a súa última publicación, o ensaio "As contas que nos contan", onde analiza o "papel ideolóxico das balanzas fiscais" e o seu emprego como "ferramenta recentralizadora" por parte do Estado.

O que fora presidente da Comisión de Economía na V Lexislatura do Parlamento de Galicia mantén a tese de que a sobrevaloración das balanzas fiscais fronte a outro tipo de datos económicos, ten como finalidade ofrecer unha imaxe subsidiaria do país fronte a un Estado que se presenta como fornecedor da economía galega, o que significa unha imaxe distorsionada da nosa realidade económica.

O ciclo “Venres D_letras”, de periodicidade mensual, está organizado pola Concellería de Cultura e pretende darlle visibilidade aos autores galegos contemporáneos. No vindeiro mes contaremos coa presencia de Miguel Alonso, que nos falará da súa primeira novela "O caso Quintana".

Salir de la versión móvil