Skandalo GZ e Terbutalina, cabezas de cartel do Revoltallo de Valladares

Publicidad





O festival de cultura emerxente Revoltallo, en Valladares, conta os días para unha nova edición. E son xa vinte e cinco. Entre o 7 e o 9 de setembro, a Carballeira do Pedregal encherase de música bravú, rock ou blues da man de doce grupos do país preparados para demostrar o bo produto de Galicia.

A cita, con entrada de balde, contará como cabezas de cartel con Skandalo GZ, unha banda de ska e punk que conta xa con tres discos e unha década de experiencia sementando o seu particular estilo por toda Galicia, e mais Terbutalina, banda de garage punk nada en 2010.

O blues retranqueiro, como poderíamos bautizar á música de Blues do Pais, será o encargado de abrir a primeira xornada do festival, sobre ás 20:00 horas (horarios por confirmar). Formado por Bieitta James e Pepe King, a formación adoita reintrerpetar clásiccos como “I kust want to make love to you” ou “Killing me softly” ao estilo galego.

Continuarán a noite The Manueles, directamente dende Bueu co seu surf rock da man de Virxilio da Silva, Juansi Santomé e Chus Pazos. Ambos os tres recuperan o legado deixado polo emigrante Manuel Freitas, emigrante de Beluso que chegou a California para crear o seu particular estilo, o The Black Rinchas, sen gravar endexamais un disco. A noite continuará co espirito extremo festeiro de Fanfarria Taquikardia. Un repertorio que vai dende melodías balcánicas a coñecidas pezas de música clásica e do cine.

O éxtase da noite chegará co punk ska de Skandalo GZ. A banda de Ponteareas, que estará tamén no Armadiña Rock, conta xa con tres discos e unha década de experiencia sementando o seu particular estilo por toda Galicia.






A xornada do sábado contará co rock de Cuarta Xusta e continuará co trap enxebre de Boyanka Kostova. O grupo afástase da temática tradicional deste xénero para falar de leiras, verbenas e churrascadas.

Despois da enchenta de trap do rural chegará o rock moañés de The Lelli Kelly’s e os cabezas de cartel, Terbutalina. Autodefinidos como banda de garage-punk festeiro disparado por catro asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, Terbutalina leva editado varios traballos discográficos e actuado en numerosos festivais e salas dende a súa creación en 2010.

A xornada finalizará con Treintañeras Cañeras e a selección musical do picadiscos DJ América.

Programación para toda a familia

A xornada do domingo será o día destinado aos espectáculos familiares con “Contos de carromato”, “O show dos Makinolas”, “O mago Deimi” e “Son Trío”.

Así mesmo, “O Revoltalliño”  contará con obradoiros de brincadeiras (creación de bonecos a partir de elementos naturais), percusión, guitarra, baixo, canto e música electrónica.

Salir de la versión móvil