Dende hoxe e até o 18 de xuño xa tes plan durante as fins de semana. A Guarda acolle unha nova edición de Tapearte, un roteiro por 23 restaurantes e bares con petiscos a 2€, máis consumición. A oferta ten lugar os venres, sábados e domingos, entre ás 12:00 e as 13:00 e novamente de 19:0 a 22:00 horas.
Estes 23 establecementos ofrecen dierentes tapas que van dende a fusión da cociña entre galicia e o xapón ou unha piruleta de lombo ibérico con crocante de lombo e patacas bravas. OS chipiróns encebolados, una tosta de mousse de langostino ou abraio de bacallau son outras das ofertas, todas elas innovadoras. De feito, para fomentar a elaboración de petiscos de calidade entre os establecementos adheridos organízase un concurso á mellor tapa. Como se decide o gañador? Os participantes serán os responsables de valorar os petiscos. Valoraranse de 1 a 6, sendo 6 a maior puntuación. Tamén se recoñecerá ao establecementos que ofreza o maior número de tapas.
Así mesmo, os participantes mais fieis tamén poderán gañar diferentes galardóns. Todos os que entreguen o pasaporte do roteiro cun mínimo de 15 selos recibirán un pack de reloxo e bolígrafo do deseñador Antonio Miró. Tamén haberá un sorteo de 9 mochilas e 9 altavoces inalámbricos entre os pasaporte entregados. A continuación podes consultar neste mapa interactivo o roteiro de Tapearte coa dirección de cada establecemento e unha fotografía de cada petisco.