O teatro segue en Bueu coa representación de "O Velorio"

Publicidad

O Centro Social do Mar de Bueu acollerá este sábado, 14 de outubro, a obra de teatro "O Velorio", que será representada pola compañía canguesa Mar Aberto. A sesión terá un custe de 2 euros por entrada e comezará ás 20:00 horas.

"O Velorio" de Francisco Taxe, e "Laudamuco, señor de Ningures" de Roberto Vidal Bolaño son dúas pezas simbólicas no espazo teatral galego, tanto para a súa dramaturxia como para a súa escena, xa que son as súas primeiras montaxes profesionais. Por este motivo, a compañía presenta esta farsa de costumes que nos fala da mesma orixe do teatro: o rito da morte, o eterno recursos dos contadores de historias para falar dos vivos.

De entre o elenco de actores e actrices están Vicente Martínez, Avelina Cordeiro, Avelina Martínez, Lina Santiago, Lina Gallega, Xaime Villalón, Antonio Fandiño, J. Ramón Rodríguez, José Sainz, Olga Rodríguez, Mari Carmen Fernández, Araceli Gato e Elena Rolo.

 

Salir de la versión móvil