O festival Revenidas que celebrará a súa vindeira edición do 17 ao 19 de agosto, incorpora ao seu cartel a The Dawlins, un novísimo grupo que mestura no seu repertorio swing, jazz, dixie, blues e country. A banda madrileña súmase ás xa anunciadas Zoo, Steve 'n' Seagulls, Banda Xangai, Russkaja, High Paw, Joan Garriga, Keltoi!, Ayax y Prok e Auxili.
The Dawlins é un cuarteto de mulleres que cantan maioritariamente no Rastro, e en inglés aínda que tamén o fan en castelán. Coma se de os músicos de Bremense tratase, fóronse atopando unhas a outras e así se conformou a banda. 'Dawlins' é a forma que teñen en Nova Orleans de dicir 'querida', algo distinto da 'darling' de rigor, por iso adoptaron ese nome para o grupo. Tocan folk e blues e country e que non haxa entre elas ningún membro do sexo oposto non é baladí.
A banda foi a escollida para actuar na próxima edición do Revenidas a través do concurso que Sonidos Mans, organizada pola Fundación Paideia Galiza en colaboración con la Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Nos próximos meses, a organización dará a coñecer ao resto de bandas que formarán parte da súa proposta final, no que se augura que será un irrepetible Festival das Linguas para despedir o verán por todo o alto.
Entradas e actividades do Revenidas
A organización do festival está actualmente artellando unha programación cun potente contido cultural galego que abrangue diversas disciplinas, e sempre vencellado ás tradicións. Ademais, o “Festival das Linguas” aposta por unha combinación de espazos de balde para o lecer de familias e de todos os públicos, cunha programación musical que incluirá máis importantes bandas internacionais, estatais e galegas, e que se desvelará durante os próximos meses.
O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra. Os interesados e interesadas en asistir ao Revenidas 2018 poden mercar xa os seus abonos de tres días -con acampada incluída- por un prezo de 28 euros a través da páxina web oficial do evento.