Tomiño abre as inscricións para o gran evento que abre o Entroido da provincia, o "Venres de Foliada"

Publicidad

Tomiño xa está a preparar o seu tradicional desfile de comparsas "Venres de Foliada" que dará o pistoletazo de saída ao entroido da área metropolitana de Vigo. "Se a situación o permite" está previsto que as comparsas saían ás rúas o 25 de febreiro, por iso o Concello abrirá o prazo de inscricións o próximo luns 24 de xaneiro.

A participación está aberta a todas as asociación veciñais, culturais, xuvenís, grupos e colexios que se presenten, aínda que terán preferencia as comparsas do concello de Tomiño. Os requisitos principais establecen que as agrupación deben estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, que as carrozas no poden exceder os 8 metros de longo, os 3,5 de ancho e os 4,5 de alto e que no se admitirán as que leven cabalos.

Outra das condicións para que se poida levar a cabo o "Venres de Foliada" é que participen un mínimo de 10 comparsas. Ademáis, tamén se fixa un máximo de 20 agrupacións. En caso de que se supere este número de inscricións, establécese unha comisión técnica de avaliación que determinará, tendo en conta os criterios de puntuación das bases, qué comparsas participarán.

As agrupacións participantes con entre 15 e 30 compoñentes sen carroza recibirán 100 euros de compensación económica. As compostas por entre 21 e 45 persoas, tamén sen carroza, terán dereiro a 150 euros e as de más de 46 compoñentes recibirán 200 euros. Esta mesma cantidade recibirán as comparsas de entre 15 e 40 compoñentes con carroza. A agrupacións de 41 a 60 compoñentes con carroza recibirán 300 euros, as que teñen entre 61 e 80 e carroza, 400 euros, e, por último, as que conten con máis de 81 compoñentes e teñan carroza recibirán 500 euros.

As comparsas interesadas terán unha semana de prazo para apuntarse, dende o próximo luns 24 ata o 31 de xaneiro, a través da sede electrónica do Concello de Tomiño. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, anima á veciñanza "a participar para volver encher de ilusión e diversión as nosas rúas", e lembra que o “Venres de Foliada” “vaise organizar, como facemos sempre, priorizando as medidas de seguridade".

Salir de la versión móvil