Tomiño celebra o seu Orgullo cunha Festa Agro LGTBI chea de actividades

Publicidad

Tomiño celebra a súa segunda Festa Agro LGTBI cunha xornada completa de actos conmemorativas. O evento terá lugar o sábado 29 de xuño no Mercado Municipal, entre as 11:30 e as 21:30 horas. Haberá espectáculos circenses e de transformismo, concertos, DJ, obradoiros infantís, charlas, “photocall” e lectura do manifesto.

A festa, organizada polo voluntariado da Oficina de Información Xuvenil (OMIX), comezará cunha sesión vermú artesá e o espectáculo circense Victoria. Ás 12:30 horas terá lugar o primeiro obradoiro infantil “Trans*formando Realidades”, a cargo de Sara Uris e a conferencia “Entre a visibilidade e o paternalismo: a emerxencia do armario de cristal”, impartida por Ángel Amaro.

O evento contará tamén cun photocall para fotografiarse e ás 13:30 horas haberá purpurina e brillantina biodegradables para todas e todos os participantes. Ás 14:30 horas terá lugar o Picnic Comunitario no que cada un levará a súa propia comida, un xantar que durará até pouco antes das 16:00 horas, momento no que se realizará o segundo obradoiro infantil, do mesmo tipo que o da mañá. A continuación celebrarase o espectáculo de transformismo “Escribiuse un crime”, con “Marinita y sus maromas”, compañía de teatro DRAG.

A música será protagonista ás 18:00 horas un concerto de “Las Marikarmen”, un cabaret musical “queer-pop” con músicos de distintas nacionalidades. Para ás 19:30 horas está prevista a actuación de Russinha (Dj Set) e coma peche da xornada a lectura do manifesto a cargo de Andrés Benítez, produtor audiovisual e recoñecido membro do colectivo LGTBI do municipio tomiñés.

“Esta iniciativa xorde non só a raíz da necesidade de visibilizar ao colectivo LGTBi+ no ámbito rural, senón tamén como unha vía de reivindicación do campo como un lugar de oportunidades”, explican os organizadores.

Salir de la versión móvil