Este mércores, 6 de decembro, ás 19h, terá lugar o acendido do alumeado de Nadal en Tui. O evento, que se desenvolverá na Praza da Inmaculada, contará coa actuación da Coral San Telmo e do grupo de acordeóns da asociación cultural Xuntanza de Randufe.
Este acto marca o inicio da programación na cidade que contará con animación musical nas rúas durante as próximas semanas a cargo das distintas asociacións culturais do municipio. O xoves, día ,7 ás 20:00 horas poderase disfrutar do son do grupo de gaitas “O Mosteiro” da Asociación Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.
Dúas fins de semana de mercado de Nadal
Este venres 8 , sábado 9 e domingo 10, coincidindo co Mercado de Nadal organizado por ACITUI no Paseo da Corredoira actuarán os grupos folclóricos Xuntanza de Randufe e Refaixos e Polainas de Baldráns o venres ás 13h e ás 20h respectivamente. O sábado será a quenda do grupo de gaitas Seixos Albos de Areas, e das Banda de Gaitas San Xoán de Paramos e Lembranzas da Terra de Guillarei ás 12h, ás 13h e ás 19.30h respectivamente. Mentres o domingo actuarán o grupo de gaitas e baile O Mosteiro de Pexegueiro, o grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro, e a Banda de Gaitas Arume de Malvas as 12, 13h e 19.30h respectivamente.
A animación de rúa proseguirá o sábado 16 e domingo 17 co gallo do Mercado de Nadal organizado pola Asociación de Artesáns de Tui na praza de San Fernando. O sábado ás 18h actuará o grupo de pandereteiras As D’Abadía de Caldelas e ás 20h o grupo de gaitas Xuntanza de Randufe, e o domingo ás 12h a banda de gaitas San Xoán de Paramos.
Os cantareiros Cantos Somos e o grupo de música de baile San Fins, ambos da Asociaicón Cultural San Fins percorrerán as rúas de Tui o venres ás 19h e o sábado ás 18h respectivamente. Mentres que o grupo de baile Inquedanzas de Pazos de Reis actuará o sábado 23 ás 20h.
Dentro da programación festiva destaca o Concerto de Nadal que se vai celebrar o venres 22 ás 21h no Teatro Municipal de Tui a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui e da Coral de alumnos da Academia de Música da Fortaleza de Valença.
Xa en xaneiro celebrarase un ano máis a Cabalgata Internacional de Reis que o venres día 5 realizará un percorrido internacional que partirá ás 16h dende a avenida dos Bombeiros de Valença, e tras cruzar a vella Ponte Internacional, rematará preto das 19h no paseo da Corredoira en Tui.