A Eurocidade Tui – Valença converterase esta fin de semana na capital ibérica dos icónicos Volkswagen escaravellos. A cita, que se desenvolverá o sábado 18 e domingo 19 de maio, contará coa participación de decenas de vehículos que percorrerán diferentes zonas de cada un dos municipios nunha cita que aspira a ser referencia no futuro.
En total, participarán neste encontro 24 vehículos de Portugal e 18 chegados dende diferentes puntos de Galicia para achegarse ao medio centenar con modelos de diferentes épocas -anos 60, 70…- e tamén versión -como convertibles-.
A cita, organizada por Escaravellos do Salnés e o Vw Ar Clube de Viana do Castelo, arrancará o sábado 18 ás 16:00 horas coa recepción de vehículos na zona da Corredoira. Ás 18:00 a caravana subirá ao parque natural do Monte Aloia para volver ás 20:00 horas ao Hotel Alfonso I.
Durante o domingo, o medio centenar de escaravellos cruzará a fronteira para achegarse ás 10:00 (hora portuguesa) ás murallas da Fortaleza de Valença para, ás 11:15 horas viaxar cara o Monte do Faro.