A lectura do pregón das festas de San Telmo a cargo do mestre Antón Corral abrirá este sábado oficialmente as festas na honra a San Telmo 2018. O acto celebrarase finalmente ás 19.30h no Teatro Municipal de Tui, xa que aínda que estaba previsto que se celebrase na praza de San Fernando, as previsión de choiva fixeron que se tivera que cambiar o emprazamento. Amais do pregón intervirá o alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o actuará a Banda de Gaitas Xarabal, fundada por Antón Corral. A entrada para o acto será libre até completar a capacidade do teatro.
Consulta a programación completa: Broken Peach, La Edad del Oro del Pop Español o Panorama, en las fiestas de Tui
A continuación terá lugar o acendido do alumeado das festas 20.30 h e se o tempo o permite desfilarán polas rúas de Tui os Xigantes e Cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro.
Antón Corral é unha figura clave na recuperación e pulo da música tradicional e dos instrumentos tradicionais en Galicia. Dende 2008 reside en Tui onde xunto ao seu neto, Ramón Corral, creou o obradoiro Antón Corral.
No seu haber conta con numerosos premios e recoñecementos entre eles a "Gaita de Ouro" do Ateneo de Ferrol (Ferrol,1996), o Premio Opinión de 2009, outorgado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, ou o Premio Honorífico Martín Códax da Música (Pontevedra 2016). En 2016 a editorial Canela publicou o biografía Antón Corral. A Alborada dun Soño da autoría de Fina Fernández.
O venres 26 de xaneiro de 2018 celebrouse no Teatro Municipal de Tui a Gala Homenaxe ao mestre Antón Corral na que participaron Carlos Núñez, Anxo Lorenzo, Anxo Pintos, Pancho Álvarez, a banda de gaitas Xarabal, o grupo Santa Columba de Ribadelouro, e as bandas de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e Arume de Malvas.