Tui leva toda a súa programación cultural de Nadal ás rúas como prevención antiCovid

Publicidad

As rúas e prazas do centro urbano será o escenario da actividade de animación programada polo Concello de Tui dentro da programación “O Camiño do Nadal” que se vai desenvolver dende este sábado 19 de decembro e até finais de ano. O programa festivo pecharse coa recepción dos Reis Magos o 5 de xaneiro, nun acto cheo de maxia e ilusión do que proximamente se darán a coñecer todos os detalles.

Catorce agrupacións serán as encargadas dos pasarrúas musicais ou teatrais previstos e plantexados con "todas as medidas de seguridade de prevención da COVID19" e con espectáculos sempre en movemento.
A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá varios concertos nestas semanas reducindo o número de músicos de cada actuación a unha véntena e adaptando o repertorio a estas condicións especiais tanto nos ensaios coma nas actuacións.

As charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo encherán de festa rúas e prazas nestas datas festivas. Nesta programación de Nadal estarán tamén presentes as agrupacións folclóricas das distintas parroquias tudenses que farán soar a nosa música tradicional nos pasarrúas previstos a cargo dos grupos Aloia de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, San Fins de Rebordáns, Seixos Albos de Areas, Arume de Malvas, Xuntanza de Randufe, ou A Insua de Caldelas.

Barafunda presentará os espectáculo de animación con globos “Trasnos” e “Alicornos”. A compañía de novo circo Asacocirco presentará “De Branco” e “Con Frak”, e Troula achegará “Krasnobarak” e “Carteiro Branco Real”.

Amais o día 24 estará en Tui O Apalpador dentro do “Nadal en Galego” da Deputación. Dende ás 17:00 horas fará un pasarrúas musical xunto a un compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e do seu burro Río Lor para que os nenos e nenas poidan gozar das súas lendas, da súa sabiduría.

A programación pecharase o 5 de xaneiro coa presenza en Tui de Melchor, Gaspar e Baltasar cunha recepción real da que proximamente se darán a coñecer todos os detalles.

Salir de la versión móvil