Aínda queda máis dun mes para o Morrasound. Os organizadores do evento que terá lugar en Domaio, a Asociación Cultural Fontenla, quere ir quentando o evento cun concerto este sábado 26 de maio, a partir das 22:30 horas, na Casa da Cultura de Abelendo, en Moaña.
A a localidade moañesa poderá gozar coa actuación das bandas Sley & The Mencias e Os Putos. Ademais, na velad haberá unha carpa, petiscos, merchandising oficial do festival e outras sorpresas para os asistentes.
Os Putos son actitude, diversión e frescura. Son unha banda criada para desfrutar ao vivo e non parar de bailar. Letras irónicas provocadoras e políticamente incorrectas e sempre comprometidas. Corenta e cinco minutos de intenso e primitivo rock and roll en galego internacional. O conxunto está composto por Elías (guitarra e coros), Tamara (teclado e coros), Kino (batería), Sérxio (baixo e voz).
Sley & The Mencia's conta cun pioneiro do rock do Morrazo, Sley, ex Ponla (Moaña), os ritmos elaborados "estes sinvergüenzas" destacan pola capacidade para avellentar (asustar as vellas), con un paladar aterciopelado característico.