A fin de semana ven sempre ateigada de eventos. Sen embargo, este sábado Moaña propón unha viaxe no tempo, un evento para aqueles que lembran con nostalxia os tempos de liberdade tras o fin do franquismo. Fálase moito da movida viguesa, pero Moaña tamén foi un xerme de cultura. De talento. Porén, a Concellería de Cultura organiza o “Rock&Autor”, un concerto no que participarán as bandas e os autores que puxeron a banda sonora da Moaña dos 80 e 90 a golpe de rock and roll.
O evento permitirá homenaxear aos primeiros grupos da vila. O mellor tributo posible é reunilos nun concerto, nunha especie de festival no que as veciñas e veciños máis novos poderán gozar con precursores do rock en Moaña. “Rock&Autor” permitirá escoitar de novo en directo as propostas de Zalo Carballo, RENEgADOS, Limo&Willy, Cañotto, Wach Makanijan e Sley&The Mencías. Todos eles ofrecerán unha sorpresa na recta final do recital.
A velada de rock terá lugar este sábado 13 de abril, ás 21:30 horas, no Palco da Música da Alameda de Moaña. Esta viaxe aos inicios do rock de autor será de balde. Ademais, aqueles que desexen “hidratarse” durante o espectáculo terán a súa disposición un servizo de bar.