Un mercadiño solidario, chocolatada e música para a Feira de Adopcións do Nadal en Moaña

Publicidad

Varias protectoras de animais únense este Nadal por unha causa solidaria. Moaña prepárase para Feira de Adopcións do Nadal, que contará coa participación de máis de 10 protectoras. O evento solidario celebrarase a primeira fin de semana de decembro con dúas xornadas de actividades, mercadiño solidario, música en directo, proxección de cortos, chocolatada e bebidas solidarias, entre outras propostas.

A Feira de Adopcións do Nadal terá lugar xunto ao Palco do Música de Moaña e arrancará o sábado 3 de decembro ás 17:00 horas cun obradoiro de manualidades dirixido aos mais pequenos. Posteriormente, ás 17:30 horas comezará a proposta musical coa intervención de Salva, Laura Comesaña, Leti e Lorena, que darán paso a un concerto protagonizado polos cantautores Javi Santomé (Mata), William Boubeta, Viva, Sley, o artista antigamente coñecido coma Wach MacKanijan, Zalo Carballo, Tonho, Dani Comesaña e Rene Pastoriza.

O evento solidario continuará o domingo 4 de decembro ás 12:30 horas coa actuación de gaitas “Os Muiñeiros”. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, a praza acollerá a proxección de cortos e o contacontos "Rechouchíos" de Igualarte, ás 18:00 horas. Para finalizar, ás 19:00 horas a actuación de “Gallego Común” porá o broche final á Feira de Adopcións. Ademais, haberá chocolatada e venda de bebidas solidarias e durante as dúas xornadas unha exposición fotográfica dos animais que se atopan en adopción.

Programación da Feira de Adopción do Nadal

Salir de la versión móvil