Unha brétema musical e feminista cubre esta fin de semana Ponteareas

Publicidad

O Festival das Brétemas, en Ponteareas, celebra a súa sexta edición este venres e sábado. Baixo o “breTema” de “povos nas margens” o festival busca reflexionar ao redor dos fenómenos migratorios e da inclusión social, centrándose na situación das mulleres de etnia xitana.

A música arrancará, hoxe venres, 29 de setembro, ás 22:00 horas da noite na Feira Vella e polo escenario pasarán Sofía Espiñeira, Ivandro Soares e Menina Arroutada e Glitchgirl. Xa mañá, sábado, dende as 22:00 horas, será a quenda de Tamborililás, Netas da Mauizia eta Lagunak, Chicas de la Habana, Dudecan, Mercedes Peón e Sonidero Mandril.

 

Actividades paralelas

Ademais da programación nocturna de concertos o sábado o festival conta cunha sesión vermú da man do Coro Fuscalheiro ás 12:30 horas na Feira Vella. Mesma localización e hora onde se desenvolverá un obradoiro de batucada feminista.

Á tardiña, dende as 17:30 horas, o auditorio acollerá a proxección do documental “Tralas Luces”, de Sandra Sánchez, onde se conta a viaxe de Lourdes, unha feirante que percorre as estradas de España de festa en festa coa sua atracción.

Unha vez remate o documental celebrarase unha palestra baixo o título de “feminismo romaní” dirixido por Aurora Serrano, de Xitanas Feministas pola Diversidade.

Salir de la versión móvil