Unha mostra para deleitarse cos "pequenos grandes pintores" da Guarda e Oia

Publicidad

O pasado 28 de abril inaugurouse no Centro Cultural da Guarda a exposición "Pequenos grandes pintores da vila", na que se expoñen os traballos realizados por rapazas e rapaces de entre 7 a 14 anos dos concellos da Guarda e Oia.

A mostra, coordinada pola pintora e mestra Tereixa Martínez, componse dun total de 37 cadros realizados con distintas técnicas -óleo, acuarela, carboncillo e pastel, entre outros- e temática principalmente paisaxística, elaborados no obradoiro artístico impartido pola pintora na Guarda. Así, Mónica Rodríguez, Sara Rodríguez, Ana María Vicente, Mar González, María Lomba, Andrea Álvarez e Micalea C. Villalón expoñen nesta ocasión e por primeira vez parte das súas creacións, nas que os e as visitantes poderán contemplar a súa evolución e gozar do seu talento.

As obras poderán contemplarse no Centro Cultural ata o vindeiro 14 de maio no horario de apertura habitual do Centro Cultural, isto é, de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres e os sábados en horario de mañá.

Salir de la versión móvil