Touriñán e Carlos Blanco converten o Teatro García Barbón nunha praia

Un momento de la representación // @xatouri

Publicidad

Xesús converteu a auga en viño, Touriñán e Carlos Blanco farán que o Teatro García Barbón sexa a nova praia de Vigo. O novo espectáculo dos dous humoristas galegos regresa ao espazo cultural vigués cun novo éxito na billeteira. O show, titulado “Unha noite na praia”, relata a historia de Klaus e Manuel, un sueco e un galego que se coñecen nun chiringuito de praia.

“Unha noite na ´reia” é unha comedia entre estas dúas personaxes. Son dúas persoas moi distintas. Opostas. Que coinciden á tardiá nun areal fronte ao mar. Klaus e Manuel son, en definitiva, dous homes “que se parecen o mesmo que o restaurante do Ikea a un furancho de aldea”.

Na praia non queda ninguén. Soamente está Manuel, que traballa no chiringuito, e Klaus, un turista que non se quere levantar da última hamaca que queda por recoller. Así arranca o conflito entre estes dous tipos: un quere marchar a súa casa a durmir, e o outro quere que lle poñan a última cervexa e un ombreiro para chorar as penas polo seu corazón roto.

As entradas para asistir ao último espectáculo de Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco que terá lugar o vindeiro 6 de setembro, ás 21:00 horas, están practicamente esgotadas. Ás 18:30 horas deste lunes, só quedaba unha localidade dispoñible. Os dous cómicos galegos confirman, unha vez máis, a súa conexión co público vigués ao rexistrar tamén éxito na billeteira do Teatro García Barbón con outros shows como foi o caso de “Somos criminais”. O prezo da entrada que aínda quedaba por vender é de 19 euros. Pódese adquirir na web de Ataquilla.

Salir de la versión móvil