O pasado venres 25, presentouse en Redondela a X edición do Festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade “FICANDAINA”, que organiza a Asociación Andaina e a Asociación cultural ASCEDAN. O festival na súa X edición, cuarta coma festival independente, despois da sua andadura no seo do desaparecido festival Redondela en Curto, presentouse na Praia de Cesantes, no entorno da enseada de San Simón, e contou coa presenza do actor redondelá Miguel Borines, ademáis da Presidenta da Asociación Ascedan, Magaly Couñago e o Presidente da Asociación Andaina e Responsable do Festival, Antonio García.
O Festival, que conseguiu celebrarse durante os dous anos de pandemia, retoma este ano a normalidade para achegarse as cifras de anos anteriores e con importantes novidades. Este ano como una das novidades, estrearase trasladándose ao Concello de Moaña, donde arrancará o día 22 de abril con proxeccións nos centros educativos desa localidade e o día 23 cunha proxección aberta a todo o público na Casa da Mocidade, donde se proxectarán os bloques 1 e 2 da sección oficial do festival.
Na seguinte semana, a programación xa se traslada ao Multiusos da Xunqueira en Redondela, donde do 27 ao 29 de Abril en horario matinal, pasarán polo auditorio redondelá máis de 1000 alumnos de diferentes centros escolares de Redondela, Soutomaior e Vigo, que contarán con proxeccións de cine, charlas e exhibicións deportivas.
A programación aberta ao público arrancará o mércores 27 con outra das novidades, unha experiencia sensorial, donde os asistentes a proxección, poderán meterese na situación de vivir o cine dende os sentidos, con proxeccións audiodescritas para persoas cegas e subtituladas para persoas xordas. A actividade contará tamén con intérprete en lingua de signos.
O venres 29 chegará un dos pratos fortes para os máis cativos. As 19:00 horas proxectarase a recente gañadora nos Premios Goya “Valentina” premiada este ano co Goya a mellor película de animación e donde contaremos coa presenza da sua directora Chelo Loureiro. O sábado 30 as 17:00 horas teremos una nova oportunidade para volver a ver “Valentina”.
Continuará a programación do sábado, as 19:00 horas con outra das novidades, a creación da sección Documental. E de seguido, as 20:00 horas a proxeción do Bloque 1 da sección oficial, para rematar a xornada cunha actuación musical
O domingo arrancará as 18h coa proxeción da sección escolar-novel, con traballos realizados en centros escolares ou de atención a persoas con Diversidade Funcional.
As 20:00 horas tocaralle o turno ao Bloque 2 da sección oficial. E ao rematar as proxecións, farase entrega dos galardóns os premiados nas diferentes categorías de Mellor curtametraxe, con Premio do xurado e Premio do público, Mellor Intérprete, Mellor curta sección escolar e Mellor documental. Pódese consultar toda a información na web da Asociación (premer aquí).