O verán cultural de Tomiño trae até 13 actividades de ocio para pasar a canícula

Publicidad

Música e cinema monopolizan as actividades de verán que o Concello de Tomiño organiza entre os meses de xullo e agosto. A primeira cita terá lugar o venres, 7 de xullo, co cinema na rúa da man da película "Ice Age 5" na praza do Seixo. Os restantes venres proxectarase "Macotas" (venres, 14), "Kung Fu Panda 3" (venres, 21) e "Trolls" (Venres, 28).

Por outra banda, o sábado, 15 de xullo, a Praza do Seixo acollerá, o "Barrantes folk", un concerto da Banda de Gaitas San Vicente de Barrantes, e de dúas convidadas: as asturianas "Pola de Siero" e "El Gumial".

Ademais, o día 22 do mesmo mes terá lugar outra agrupación musical ao abeiro do "XXIV Encontro dos Pobos", na que participarán os grupos Harruckem, de Hungría; Do Lusco ó Fusco, da Guarda; e a Virxe do Alivio, de Tomiño.

O remate do mes de xullo virá da man da actuación do famoso e celebre grupo Treixadura, co seu concerto "Vendimia tarda", dentro deste verán cultural de Tomiño.

Xa en agosto, as fins de semana estarán protagonizadas pola música cos concertos de "Blues do País", "Acevedos Delgados" ou "Roots 4 Clarinets".

Salir de la versión móvil