Vigocultura está de volta: 37 funcións de música e artes escénicas entre febreiro e abril

Publicidad

Volve Vigocultura. Fai a súa primeira aparició de 2019. O venres 25 e o sábado 26 de xaneiro arranca en Príncipe a programación municipal de artes escénicas e musicais que se desenvolverá nos meses de febreiro, marzo e abril. Os encargados de abrir este novo "menú cultural" serán os compoñentes da compañía lusa "Projeto EZ", que realizarán unha espectacular ruada protagonizada por dos vehículos sorprendentes, con pases ás 18:30 e ás 19:30 horas. Esta será a primeira das 37 funcións previstas nesta nova tempada, que volverá contar con teatro, música, danza, maxia, circo, monicreques, un espectáculo para bebés e outro de rúa.

O programa de Vigocultura volverá contar con sesións para público adulto os venres ás 21:00 horas e con programación destinada a público familiar, que continuará realizándose os domingos ás 18:00 horas.

O venres 1 de febreiro comezará a programación no Auditorio Municipal de Vigo, que todos os venres exhibirá espectacúlos para adultos con compañías como Contraproducións, Eme2 Emoción&Arte, La Estampida, La Joven Compañía, A Berberecheira de Chévere ou Malasombra Producións.

Nesta programación do Vigocultura haberá a edición, por segundo ano, da xornada especial 3x3, que pretende achegar ao público ao Auditorio Municipal realizando funcións en diferentes zonas do mesmo coma o vestíbulo, os camaríns ou o propio escenario. Deste xeito, tres compañías realizarán tres pezas de microteatro e os espectadores irán pasando dunhas zonas a outras do espazo cultural.

O venres 15 de marzo, o grupo Talabarte presentará o seu novo disco contando coa presenza especial, como artista invitado, do grande percusionista bretón Dominique Molard, un evento excepcional que só se poderá ver en Vigo.

Para os máis pequenos e as súas familias a oferta completase con compañías como Culturactiva ou La Canica, un espectáculo para bebés -con tres pases-, o Mago Cayetano Lledó, o musical A nena e o grilo máis aló, un espectacular traballo con pompas de xabón xigantes a cargo de Malasombra Producións ou o novo circo a cargo de La Banda de Otro.

Como xa é habitual, Vigocultura conmemora o Día Internacional da Muller -8 de marzo- co espectáculo Anatomía dunha serea, obra da actriz Iria Pinheiro e o Día Internacional da Danza -29 de abril- cunha fin de semana adicada integramente a esta disciplina e que contará con dous espectáculos de danza para adultos con Daniel Abreu e con Paula Quintas. O domingo 28 de abril a compañía Da.Te Danza farao para os máis pequenos.

Na liña de apoio á creación viguesa, a programación contará con tres estreas: UMMM! da compañía Avento Producións Teatrais, Facendo o Indio de Galitoon e Sorpresa! de Enconarte Producciones.

Os prezos dos espectáculos seguen a normativa establecida tanto pola Rede Galego de Teatros e Auditorios como polas ordenanzas fiscais municipais. As entradas para os espectáculos para adultos custarán 8 euros, excepto o programa especial 3x3 que terá un prezo de 9 euros, namentres que os dirixidos ao público familiar custarán 5 euros.

Salir de la versión móvil