O vindeiro martes 4 de setembro a Praza do Reló de A Guarda acollerá as actuacións de Magín Blanco e Najla Shami, dous actuacións que forman parte do programa Vive o Camiño 2018.
O evento dará comezo ás 20:00 horas co recital de Magín Blanco, que presentará o seu novo espectáculo musical "Camiño" onde conflúen música, teatro, contos e poemas de destacados escritores galegos.
Pouco despois, ás 21:00 horas, será o momento de Najla Shami. A cantora e compositora que creceu entre Galicia e Kwait e que traerá á Guarda un espectáculo cunha selección dun repertorio moi especial fusionando músicas de diferentes lugares estará acompañada por dous multinstrumentistas brasileiros: Sergio Tannus e Mauricio Caruso. En definitiva, música galega con carácter étnico.
A programación de Vive o Camiño é unha proposta escénica, musical, divulgativa e expositiva que pretende dinamizar e por en valor os Camiños Portugués e Portugués da Costa, con actividades dirixidas ao público de todas as idades, tanto á veciñanza do lugar coma ós peregrinos e visitantes doutros concellos.