Volven as tapas con sabor a mar e música en directo en Moaña

Publicidad





Dende este mércores, 1 de agosto, e até o vindeiro xoves, día 30, trece establecementos do concello de Moaña participarán no programa de “Tapas días de mar”, promovido polo Concello.

O histórico roteiro de tapas, volve un ano máis para combinar creacións gastronómicas baseadas nos produtos do mar con música en directo de diferentes grupos emerxentes locais.

A ruta de tapas celebrarse de martes a venres durante todo o mes de agosto, a excepción do mércores día 15, xornada festiva e, como de costume, os bares participantes iranse alternando de tal xeito que cada día será soamente un o encargado de ofrecer a súa tapa promocional. As tapas servirante de 20:00 a 23:00 horas a un prezo único de 2,5€.

Ademais, o programa inclúe un “menú mariñeiro” para o xantar de luns a xoves na Poza da Moura e no Restaurante Mateo. No primeiro caso o prezo é de 15€ por persoa e inclúe ensalada morna de vieira, peixe espada en salsa de algas, copa de viño, pan, sobremesa e café. Pola súa parte, no segundo os comensais poderán desfrutar de navallas ou croques, paella de Moaña (arroz de mariscos), botella de Ribeiro, pan e sobremesa a un prezo de 55€ para dúas persoas.



Como de costume, o servizo de tapas estará acompañado por diferentes grupos nunha combinación musico-gastronómica pouco habitual na contorna. Nesta edición a música correrá a cargo de Vento Mareiro Forza 5, Sabela Cereijo & Isaac Garabatos, Iván Rodríguez, Super Sonic, Cata-Tonics, Jugones, Cosa de 2, Xavier Blanco, A Lo Cubano, Club Naval, William Boubeta & Limo e Lellie Kelly’s.

Salir de la versión móvil