O Teatro Municipal de Tui acolle este xoves, 27 de setembro, un espectáculo de teatro, música, clown e danza da man de Xoán Curiel baixo o título "A casa do terror". Esta actividade chega a Tui dentro de Falaredes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística. A representación comezará ás 19:00 horas.
O espectáculo vai dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos que formarán parte activa do espectáculo no que se conta a historia dun grupo de amigos que se ve na obriga de durmir nun edificio encantado. Alí o pasan moi ben vivindo aventuras relacionadas coa música, coa amizade e coa superación dos propios temores. A historia desenvólvese entre cancións, danzas, elementos teatrais ou clown e, sobre todo, con moita participación do público asistente. Na posta en escena Xoán Curiel estará acompañado pola banda Son+d2 e a bailarina Marta Alonso.
A entrada é de balde pero se deben retirar dende ás 18:30 horas un máximo de dúas por persoa no despacho de billetes da Área Panorámica.