"Zapatos", unha das obras para bebés máis recoñecidas de Caramuxo Teatro, chega a Tomiño

Publicidad

Una das citas da programación de Nadal de Tomiño é unha obra de teatro para bebés que terá lugar este martes, 28 de decembro de 2021, ás 11:30 horas no  primeiro andar do Mercado Municipal. O espectáculo "Zapatos", representado pola compañía Caramuxo Teatro, fai unha reflexión sobre o que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa.

"Zapatos" é un espectáculo de 30 minutos narra tódalas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono. Todos os días chegan a un recuncho agochado dun xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. A protagonista da obra de teatro é unha rapaza que se encarga de darlle a benvida e coidar os zapatos no lugar onde vivirán para sempre. Neste lugar compartirán emocións con bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube e centos e centos de compañeiros que teñen moito que contar.

Caramuxo Teatro é unha recoñecida compañía de teatro infantil e familiar formada por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. A compañía naceu en A Coruña no ano 2003 cunha obra especialmente deseñada para bebés, "Glub Glub". Dende entón a súa produción non deixou de aumentar, con obras como "Zapatos", mención especial na XXVI Muestra Internacional de Vall d'Albaida; "Ñam", unha mestura de teatro e cociña ou "Na casa", recoñecida coa R de espectáculo Recomendado pola Rede Nacional de Teatros.

Dende os seus inicios mesturan diferentes técnicas: teatro de actores e actrices, monicreques, danza... Actualmente, ademais de continuar traballando nunha liña específica para bebés, teñen en carteleira espectáculos para público infantil e familiar, con obras destacadas como "Redondo", "Pavillón Lino", "As fabas máxicas" ou "Feo!", representación gañadora do Premio María Casares ao Mellor espectáculo infantil en 2016.

A actividade é de balde e é preciso inscribirse previamente a través dun formulario na páxima web do Concello de Tomiño (facer clic aquí). A alcaldesa, Sandra González, anima ás familias a asistir ao evento cos seus pequenos e pequenas.

Salir de la versión móvil