James Rhodes namórase de Vigo: “Encántame estar aquí e quería dicilo”

James Rhodes (1975) é posiblemente un dos fenómenos musicais máis especial dos últimos anos. Con seis discos publicados, o músico británico converteuse en poucos anos nun auténtico éxito de masas co seu singular xeito de transmitir a música clásica a todos os públicos, rexeitando o tradicional concepto elitista dirixido a un público concreto.

En Rhodes todo é diferente. Un músico clásico atípico, cun look máis propio dun indie que de alguén que interpreta a música de Johann Sebastian Bach, un dos seus compositores de referencia. Pero tamén pola súa transparencia psicolóxica.

En 2015, publicou o seu libro “Instrumental, memorias de música, medicina e loucura”, co que se converteu nun éxito de ventas e no que a xeito de liberación conta como aos cinco anos abusaron sexualmente del, algo que o levou a varios intentos de suicidio, adiccións e a estar nun psiquiátrico. Unha espiral da que fuxiu como el mesmo manifesta grazas á música clásica. “Bach salvoume a vida”, asegura.

Este sábado, o pianista chegará ao Auditorio Mar de Vigo co aforo tecnicamente completo. Algo máis de 1.400 persoas poderán desfrutar da súa interpretación da música clásica, que fai parada en Vigo dentro da súa xira internacional “Fire on All Sides Tour”.

Porén, James Rhodes está xa en Vigo e, como o resto de visitantes, non dubidou en probar os nosos manxares ou achegarse até o Vigo SeaFest. “Non podo crer cantos sorrisos vin hoxe en Vigo”, compartiu nas súas redes sociais. Por suposto, tamén parou no dinoseto e atreveuse a escribir en galego.  Rhodes, ¡benvido a Vigo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*