O vídeo do Intercéltico do Morrazo que parece sacado de Fariña

O Festival Intercéltico do Morrazo volve tirar de humor para promocionar a edición que terá lugar en Moaña entre os días 26 e 28 de xullo. Nesta ocasión, o evento empregou ós recoñecidos actores moañeses Adrián Ríos e Salvador Ríos para protagonizar un vídeo que en 48 horas xa leva máis de 4.500 reproducións.

O clip, que ten unha duración de 90 segundos, fai unha clara chiscadela á presenza de Adrián Ríos en “Fariña”. O actor moañés interpreta na serie de moda da ficción española a “Petete”, piloto de planadora que pertence ao grupo de Sito Miñanco.

No vídeo promocional, o tamén actor moañés Salvador del Río, coñecido polos seus traballos en series como Matalobos ou As leis de Celavella, interroga a Adrián Ríos. “A ver rapaz, confesa. É o mellor para todos”. O xove intérprete de Moaña accede. Admite o delito, aínda que pide algo a cambio. Que será? O spot termina con un consello. “Que o Intercéltico nos pille confesad@s”.

O simpático vídeo que se viralizou na canle oficial do Facebook do Intercéltico do Morrazo conta coa música de Anxo Lorenzo e a realización de Diego Seixo. Na pasada edición, o clip promocional contou coa presenza do propio Anxo Lorenzo e do futbolista do Celta de Vigo e da selección española, Iago Aspas. O máximo goleador nacional na Liga nas dous últimas tempadas “aprendía” a tocar a Rianxeira coa gaita.


É do teu interese: Consulta a programación do Intercéltico do Morrazo


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*