Samuel, o recanteiro da comarca de Vigo canta esta noite en Luar

Samuel Represas, durante unha actuación // JAVI RIAL

Momento especial en Recantos. Samuel Represas, representante da comarca de Vigo no concurso do afamado e histórico programa Luar, cantará esta noite para defender a continuidade do seu Recanto no concurso. O artista, afincado na parroquia de Xinxo de Ponteareas, representa a un total de once concellos: O Porriño, Mos, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén, Soutomaior, Gondomar, Nigrán, Baiona e Vigo.

Samuel Represas pechará, xunto a súa compañeira -representante do Bierzo-, a segunda fase. O tema que lle otorgaron é o coñecido “Vivir así es morir de amor” de Camilo Sesto, unha canción que supuso o último gran éxito do artista na súa etapa española, antes de afincarse en Estados Unidos e dedicarse fundamentalmente ao mercado americano. Samuel Represas porá todo de sí para defender con éxito o tema e acadar o pase a seguinte fase. Non obstante, o representante da comarca de Vigo precisará da inestimable axuda de toda a súa comarca xa que os televidentes mediante as súas chamadas, whatsapps e os votos no Facebook e Twitter do programa, outorgan 10 puntos a repartir entre ambos concursantes segundo a porcentaxe de votos acadados.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*