• Tapería Nautilus Vigo
  • Casa extraña
  • Restaurante Baiona
  • Tortilla Vigo
  • Panorama y París de Noia
  • PortAmérica
  • Incendio Casco Vello
  • Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A música galega enxalza a Antón Corral cunha emotiva homenaxe en Tui

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Carlos I. CastrillónÁngel VilaPorCarlos I. CastrillónyÁngel Vila
27/01/2018

A noite deste venres, 26 de xaneiro, viviuse entre folclore, emoción e festa en Tui. Ninguén quixo faltar ao recoñecemento que o Concello rendeu a Antón Corral, figura clave para entender o progreso da música tradicional galega. A resposta foi un éxito. Tanto de público, que encheu o aforo de 550 persoas do Teatro Municipal, coma de cartel, cunha gala na que destacaba a presenza de artistas de renome internacional como Carlos Núñez, Anxo Lorenzo ou Anxo Pintos.

A velada comezaba case con puntualidade británica. 20:30 horas. Os membros de Xarabal de Vigo abrían o concerto dedicado ao seu "pai", ao home que fundou este colectivo alá polo ano 1984. Segundo pasaban as pezas, o espectáculo "acelerábase" e a emoción desbordaba o patio de butacas, tamén o escenario. Diferentes músicos collían o micrófono para agradecer a Corral a súa influencia na música galega, unha traxectoria e un traballo que permitiu aos galegos e galegas gozar da música folclórica e axudar a artistas como Carlos Núñez, Anxo Lorenzo ou Anxo Pintos a seren recoñecidos a nivel mundial.

Másnoticias

Diez planazos en Vigo y área con fiestas, conciertos, mercadillo o verbena para vivir un finde único

16/05/2025

O Rosal pondrá en marcha un nuevo espacio gastro en su mercado para convertirlo en referente

15/05/2025

Precisamente, estes tres artistas foros os outros grandes protagonistas da noite. Anxo Pintos foi o primeiro en actuar. Fíxoo en solitario coa súa zanfona. O artista vigués interpretaba "Limóns" como unha particular homenaxe ao seu mestre.

O espectáculo chegaba ao seu ecuador. Ramón Corral, neto de Antón, aproveitaba a súa intervención non só para destacar a figura do seu avó, senón para lembrar a Isaura, a súa dona, "que xa non está", pero que foi moi importante na vida do homenaxeado. Ramón deu paso ás actuacións das bandas tudenses Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Santa Columba de Ribadelouro.

Un dos grandes momentos da noite estaba a piques de acontecer e levantar ao público. Chegou Anxo Loreno, acompañado doutro alumno de Corral coma Xosé Liz, interpretando tres temas. Foi o preludio do gran desenlace. Subía entón ao escenario Carlos Núñez, que unía á súa música coa do propio Antón Corral.

O mellor aínda estaba por chegar. No penúltima tema da noite, decenas de gaiteiros baixaron polas escaleiras do Teatro Municipal de Tui para situarse na primeira fila, ao pé dun escenario ocupado por Antón Corral, Carlos Núñez, Anxo Lorenzo e Anxo Pintos. A emoción estoupaba na sala.

As máis de 500 persoas que encheron o Teatro Municipal de Tui poñíanse en pé para seguir as indicacións dun Carlos Núñez que fixo de mestre de cerimonias. O folclore galego reuníase na capital do Baixo Miño. O que foi concibido e organizado coma unha homenaxe a Antón Corral, remataba coma un recoñecemento á importancia da música tradicional galega.

O final foi apoteótico. Baile e música galega uníanse e conquistaban a un público que superou os cinco minutos de ovación aos máis de 120 músicos que honraron a Antón Corral nunha cita difícil de esquecer entre os presentes.

Antón Corral, clave na música galega

Corral, na actualidade retirado na cidade fronteiriza que agora acolle o seu homenaxe, deixou unha pegada única na historia musical de Galicia e no eido da experimentación instrumental da música tradicional Galega.

O mestre artesán chegou ao mundo da música case por casualidade. “Na miña familia non había músicos nin artesáns. Aprendín o meu oficio de maneira totalmente autodidacta porque me gustaba facer palletas e frautas”, asegura esta figura sobranceira da nosa cultura musical. Porén, tras diversos problemas de saúde, decidiu abrir un obradoiro na súa casa. Dende entón, a sua zona non fixo máis que aumentar.

Paralelamente, en 1984 nace baixo a súa dirección, a banda de gaitas Xarabal, coma unha actividade máis do “Obradoiro Escola de Instrumentos Musicais Populares Galegos” da Universidade Popular de Vigo, coa intención, non só de potenciar e expandir a música popular galega, senón de realizar un traballo serio sobre a técnica de gaita e percusión, procurando forxar futuros profesionais que coñeceran e dominasen o instrumento.

 

Temas: Antón CorralAnxo LorenzoAnxo PintosCarlos Núñezmúsica tradicional galegaO Baixo MiñoTui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Gastronomía gallega a bordo del Nautilus, la nueva tapería que abrirá en el centro de Vigo

Abre un nuevo espacio gastronómico en pleno centro de Vigo. Promete una carta con productos del mar y de río, entre otras tapas

PorGabriel González
18/05/2025
Enfoque

Abre el plazo para apuntarse a las estancias en balnearios de Pontevedra con descuento

La Diputación de Pontevedra abre este lunes el plazo de inscripción para el programa termal +Benestar. No pierdas tu plaza

PorEuropa Press
18/05/2025
Enfoque

Quejas por el estado de una de las playas más 'top' de todo O Morrazo

En este estado se encuentra el acceso a una de las mejores playas de O Morrazo. Los vecinos y vecinas señalan que es una "vergüenza"

PorMetropolitano
18/05/2025
Enfoque

Rescatan a una persona que sufrió una caída en la isla de Ons

Un domingo de relajación en Ons se convirtió en un operativo de rescate. Así evacuaron a una persona hasta Cangas tras una caída en la isla

PorAlfredo Teja
18/05/2025
Enfoque

A UVigo acada cinco contratos con empresas para desenvolver tecnoloxías aeroespaciais

PorMetropolitano
16/05/2025

Belén Rubio destaca “a fortaleza do modelo de colaboración entre academia e tecido empresarial"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

24may10:00Andaina interpretativa no RosalANDAINA | O ROSAL

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

31may12:00VERBENA MARKET EN VIGOMERCADILLO | VIGO

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X