O Festival de Cans celebra por primeira vez na súa Sección Oficial unha competición de curtametraxes de non ficción, e faino cunha ampla variedade de pezas afastadas do convencionalismo. Entre os nove traballos que competirán nesta sección, bautizada como FuraCans, estará a estrea mundial de Marxes, de Sara Chuerches, un documental experimental centrado en comprender que sucede cando superar esa marxe que dende pequenos nos aseguran non se pode sobrepasar.
A selección, que terá dous pases o sábado 26 na Casa de Mari, é ben variada e recolle a riqueza de fórmulas presente no Festival habitualmente como La mujer invisible, curta de Noemí Chantada gañadora de tres premios en Curtocircuito, froito dunha longa e sensible investigación sobre mulleres en situación de prostitución; Salitre nas veas, de Adrián Canoura; Rapa das bestas, de Jaione Camborda; ou Charkpen (esperanza) de Paulino Cadórniga. Se esta última ten un espírito fotográfico no seu rexistro dos pobos indíxenas Selk’nam en Arxentina e Chile, as curtas de Canoura e Camborda empregan recursos experimentais para achegarse ao traballo dos mariñeiros e á citada rapa das bestas respectivamente.
Esta experimentación estética é común a pezas como Forest, de Guille Vázquez; ou Tiempo, de Alicia Alonso, que tamén se verá por primeira vez no Festival. Completan a selección dous filmes encadradas en proxectos ambiciosos dos seus autores: Americano, curta de Fon Cortizo sobre Emanuel Xavier, unha das voces máis representativas da escena Spoken Word de Nova York, que é parte do seu traballo prolongado arredor de poetas e o seu proceso creativo. Por último, Europa, de Hugo Amoedo, forma parte dunha “Triloxía Belga” deste cineasta galego que utiliza o formato do diario fílmico e que xa pasou por ZINEBI, ALCINE ou o OUFF.
Dende o xoves 26 de abril as entradas para FuraCans están dispoñibles en tenda.festivaldecans.com a un prezo de 5 euros, e poderán retirarse durante o festival no posto de merchandising. Estas entradas darán acceso a un dos dous pases de Furacans, que terán lugar o sábado 26 de maio na Casa de Mari, ás 17:00 e ás 20:30 horas. O aforo é reducido, limitado só a 100 entradas.
El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año
La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York
La proyección de "Romería" tendrá lugar el 5 de septiembre en el FICBueu, el mismo día que la película llega a las salas de cine
El escritor Santiago Díaz narra la historia de "Jotadé", un policía gitano, en su nueva novela. Es el inicio de una nueva trilogía
El próximo martes 9 de septiembre se instalará una carpa en Príncipe donde se podrán realizar determinadas actividades lúdicas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL