A V edición dos Premios Martín Códax da Música, iniciativa de Músicos ao Vivo, desvelou na noite deste mércores, 9 de maio, o seu segredo mellor gardado. O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu unha gala na que Galicia celebrou o mellor da súa música e na que se puxo en valor a potencialidade do sector.
En total, os músicos de Vigo e a súa área metropolitana optaban a premio en oito das 18 categorías que compoñían esta edición, o que reflexa a puxanza de toda a bisbarra na industria musical galega.
A gala, conducida polo actor Carlos Blanco e o debuxante Luis Davila, comezou ben entradas as nove da noite dando o primeiro agasallo para Vigo. A formación de jazz Yago Vázquez Trío, liderada polo excepcional músico afincado en Nova York, levou o primeiro premio da noite.
Pode interesarche: Yago Vázquez, a vida dun pianista vigués en Nova York
O seguinte premio para a cidade chegou da man de IGMIG e o seu traballo “Ai que lío”. A banda triunfou nesta edición na categoría de rock na que competía coa tamén viguesa Moon Cresta.
Outro melómano pararía algo máis tarde na cidade da man de Eladio y los Seres Queridos que venceron na categoría pop co seu "Cantares". Pola súa parte, Salceda de Caselas tamén estivo representada noutra das categorías na que contábamos con dobre presenza metropolitana. O salcedense Roberto Oliveira levou finalmente o premio en música clásica e contemporánea grazas á súa innovadora “explosión de sensacións” na que transforma a música contemporánea nunha adaptación á percusión, electrónica e arte visual sincronizada.
Por último, o derradeiro dos premios da nosa bisbarra rematou en mans dunha das voces máis importantes da Galicia dos nosos días. A mosense Uxía, que non puido acudir a gala, suma un novo premio tras facerse a comezos de ano co galardón ao Mellor Álbum en Galego nos Premios MIN 2018 da Música Independente co seu último disco, UXIA-O, dedicado ao poeta Uxío Novoneyra.
Na parte amarga, desta edición quedaron sen premio outros tres grupos metropolitanos nomeados. É o caso de Cintaadhesiva, en electrónica, os mosenses The Turre’s Band en mestizaxe e os tudenses Best Boy en blues.
Aberto á participación do alumnado dos tres campus da UVigo, o premio entregarase nunhas xornadas que se celebrarán co gallo do 25N
La divertida webserie, resultado de un taller del Curso de Medios Audiovisuais, se estrena este viernes en el Aula de Cine
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL