• Ayudas vivienda
  • PXOM Vigo
  • Castrelos 2025
  • Vigo Michelin
  • Ourense Fiestas
  • Panorama y París de Noia
  • Birraseto
  • Pozas Melón
  • Carrefour O Calvario
  • TikToker Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Igualdad

Tomiño nomea marzo como o mes da muller

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
07/03/2018

O Concello de Tomiño dedicará o mes de marzo ás mulleres e o fará a través dunha programación transversal na que as actividades culturais, deportivas ou artísticas terán unha clara clave feminina e a visibilización do labor diario das mulleres e da loita pola igualdade como fío condutor. “Queremos dar visibilidade a todo o traballo que realizan as mulleres no eido familiar, laboral, social... un traballo que en moitas ocasións pasa desapercibido. E queremos facelo ao tempo que se reivindica a igualdade de oportunidades e de condicións laborais, a igualdade na esfera social e o dereito a vivir sen violencias”, salienta Sandra González, alcaldesa de Tomiño.

A programación arrancou traballando co futuro da sociedade, os nenos e nenas e a mocidade. Así, o IES Antón Alonso Ríos énchese ata o 13 de marzo de ‘Cartas de Amor’ para fomentar a reflexión entre os mozos e mozas sobre o mito do amor romántico e os estereotipos de xénero, a desigualdade nas relacións de parella e a crueldade que moitas veces vai asociada a ela, ao tempo que se promove o respecto e a educación en igualdade e se traballa na prevención da violencia de xénero.

Másnoticias

Tomiño confirma un bombazo para el verano con Panorama, París de Noia y América de Vigo

18/05/2025

Descubre la receta "secreta" de filloas en una gran fiesta gastronómica en el área de Vigo

16/05/2025

Trátase dunha exposición de pinturas realizadas por coñecidos artistas do cómic galegos, como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircale ou Javier Olivares coa se buscar fomentar entre a poboación máis nova modelos de convivencia igualitarios. A exposición complétase cunha unidade didáctica para que o alumnado do instituto tomiñés traballe sobre estes aspectos e cun obradoiro participativo.

Esta mostra forma parte dunha serie de actividades organizadas pola Oficina de Igualdade de Tomiño con centros educativos da localidade para rachar cos estereotipos de xénero e afondar en aspectos como a igualdade laboral e social ou a corresponsabilidade. Pola súa banda o alumnado de infantil e 1º, 2º e 3º de primaria participaron no contacontos ‘Contos vellos, novos finais’ e os de 4º, 5º e 6º están a preparar novas actividades para este mes, sen prexuízo das que se poidan seguir organizando ao longo do ano.

Teatro, deporte e arte

Xunto con todas estas actividades para traballar a igualdade coa infancia e a mocidade, poranse en marcha exposicións, cursos, actividades deportivas e de lecer cunha clara clave feminina. Ademais do curso de pilates para avoas, nais e fillas posto xa en marcha, tamén está aberta a inscrición para participar no obradoiro ‘Mulleres artistas por descubrir’, que dará a coñecer a grandes mulleres artistas que permanecen no anonimato. Ademais, a artista Gemma Marqués está a cear no campo de fútbol de Goián o mural feminista ‘Anónimas’, que pretende poñer en valor o labor e esforzo diario familiar, laboral... das mulleres.

Nome de muller tamén para encher de arte o Mercado de Tomiño. Este venres 9 de marzo, Liliya Pobornikova trasladará ata alí a súa exposición ‘Lugares inesperados’, unha mostra de cerámica que explora as formas que xorden da imprevisibilidade orgánica.

Tamén ao abeiro da Mes da Muller, marzo acollerá catro obras de teatro cun claro tinte feminino e nas que as mulleres son as claras protagonistas. Para público infantil ‘Rosa Caramelo e outras historias’ (18 marzo), de Talía Teatro, e ‘A maleta da avoa’, de Raquel Queizás (25 marzo), mentres que para público adulto chegará ‘Té con Kant’ (10 marzo), de Teatro Inversa, e ‘Matrioskas’ (24 marzo), de Charlatana.

Temas: Día Internacional de la MujerO Baixo MiñoTomiño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Informe demoledor, las gallegas trabajan "gratis" casi tres meses al año en comparación con los hombres

Un informe de Comisiones Obreras pone el foco en la brecha salarial que sufren las mujeres en todas las etapas de su vida laboral

PorMetropolitano
06/03/2025
Igualdad

La UVigo reflexiona este 25N sobre cómo la tecnología amplifica formas de violencia

La UVigo abordó la “digitalización del sistema prostitucional” y su impacto en la explotación de mujeres y niñas

PorUxía Pérez
25/11/2024
Foto: Concello de Vigo.
Igualdad

Cine, teatro, música y charlas, entre las actividades del Concello de Vigo por el 25N

El Concello de Vigo anuncia numerosas actividades por el 25N. ¡Consulta aquí todas las propuestas y sus fechas!

PorMetropolitano
31/10/2024
Enfoque

El PSdeG premia a Verónica Boquete y Paula Dapena por su papel por la igualdad en el fútbol

Entregan el premio Maruja Vázquez resaltando que ambas "han dado la cara para defender la igualdad, convirtiéndose en un ejemplo"

PorEuropa Press
20/04/2024
ARCHIVO
Enfoque

Investigadores de Galicia avisan que las olas de calor serán más intensas desde 2050 en Península y Baleares

PorMetropolitano
19/05/2025

Investigadores de la UVigo, la USC y el CSIC advierten sobre este fenómeno y señalan que las olas de frío disminuirán en intensidad

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

22mayTodo el díaBIRRASETO FESTFERIA GASTRONÓMICA| VIGO

24may10:00Andaina interpretativa no RosalANDAINA | O ROSAL

24may10:00SALVATERRA MILENARIAFIESTA | SALVATERRA DE MIÑO

31may12:00VERBENA MARKET EN VIGOMERCADILLO | VIGO

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X