• Tapería Nautilus Vigo
  • Casa extraña
  • Restaurante Baiona
  • Tortilla Vigo
  • Panorama y París de Noia
  • PortAmérica
  • Incendio Casco Vello
  • Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Planes Escapadas

Tres rutas gratuitas para coñecer o patrimonio cultural de Tui, Redondela e Baiona

Panorámica de Baiona // Turismo Rías Baixas

Panorámica de Baiona // Turismo Rías Baixas

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Ángel VilaPorÁngel Vila
25/07/2017

Sen plan para este verán? Se buscas unha escapada de curta duración, de balde e que ademais te permita coñecer o patrimonio dalgún dos concellos da Área Metropolitana de Vigo, acabas de atopar o que buscas. Vilas como Baiona, Tui ou Redondela veñen programar distintas visitas guiadas totalmente gratuitas aos seus conxuntos históricos e rutas xacobeas.

Másnoticias

Un restaurante de Baiona se prepara para resurgir de sus cenizas tras un incendio

18/05/2025
Foto: Deputación de Pontevedra

Vídeo | Así son las curiosidades de la toponimia en Baiona

17/05/2025

Descubrindo o Tui medieval e o xudeu

A vila de Tui conta cunha historia milenaria, xa que segundo a lenda foi fundada polo heroe grego Diomedes, fillo de Tideo, e na contorna do municipio existen vestixios da época paleolítica no 20.000 a.C. Ao longo da historia, pola súa localización estratéxica, foi centro de atención dos diferentes pobos e, polo tanto, conta cun amplo legado arqueolóxico e patrimonial. Por isto, a concellería de Turismo de Tui, que dirixe Laureano Alonso, pon en marcha un ano máis visitas guiadas de balde no conxunto histórico.

Existen dous alternativas históricas para descubrir a cidade: o Tui medieval e o Tui xudeu. No primeiro caso, as visitas celébranse de luns a venres, ás 12:00 do mediodía, e nelas darase conta das características e modelo de vida nunha cidade medieval. Entre outros puntos de interese, os visitantes poderán descubrir a muralla do século XII, pero tamén a anterior, da época medieval, que se sitúa na contorna das Encerradas. Segundo apunta o guía encargado das visitas, Suso Vila, "a cidade está construída en capas" segundo foi avanzando a historia, polo que pódese atopar nun mesmo punto vestixios de diferentes épocas.

Pola súa parte, as visitas ao que fora o Tui xudeu terán lugar ás 20:00 horas, tamén de luns a venres. Neste caso, darase conta da importante presenza xudía na cidade con restos coma o patio da Sinagoga ou a casa de Salomón, un modelo de vivenda con patio moi pouco común na nosa terra. De feito, "Tui conserva quizais o patrimonio xudeu máis grande de Galicia, tanto en presenza de xudeus coma de conversos", apunta Suso Vila.

Por último, as fins de semana e os festivos os visitantes poderán percorrer o conxunto histórico tudense, declarado conxunto histórico artístico en 1967 e un dos mellor conservados e máis extensos de toda Galicia.

Datos das visitas en Tui

  • Duración: 60 minutos
  • Punto de saída: Praza da Inmaculada
  • Itinerarios:
    • Tui medieval: Luns a venres, 12:00 horas
    • Tui Xudeu: Luns a venres, 20:00 horas
    • Cidade histórica: sábados, domingos e festivos, 20:00 horas
  • Prezo: de balde
Redondela en 1893 / ixe Biblioteca Digital Hispánica, Biblioteca Nacional de España

Coñecendo a "Vila dos Viaductos"

Dende o pasado 26 de xuño, o Concello de Redondela organiza, por primeira vez, visitas guiadas de balde pola vila. Ao igual que no caso tudense, pola súa situación estratéxica Redondela foi habitada dende tempos inmemoriais. Os restos en Monte Penide ou Monte Mirallo e Ventosela son os testemuños máis salientables, con túmulos e dolmens, ademais de abundantes petróglifos e gravados rupestres, nun abano temporal que abranguería dende o neolítico (4000-2500 a. C.) ata a Idade do Bronce (1800-700 a.C.). Grazas a unha presenza continuada de poboadores, que rexistrou o seu esplendor na Idade Media, o municipio conta cun importante patrimonio cultural que agora quere poñer en valor con estas visitas gratuítas.

Seguindo o itinerario histórico da nova publicación "A Vila de Redondela", explicarase, por exemplo, que a antiga Redondela estaba dividida entre Vilavella e Vilanova. Os asistentes percorrerán edificación singulares vincuadas a actividade mariña da vila dende as súas orixes e até o século XX e explicaranse os simbolos redondelás como a Coca e as súas tradicións seculares.

Datos das visitas en Redondela

  • Duración: 60 minutos
  • Punto de Saída: Alameda, ao carón da Oficina de Turismo onde se deben facer as reservas con 15 minutos de antelación. Grupos de máximo 25 persoas.
  • Horarios: de luns a domingo ás 19:30 e 20:30 horas
  • Prezo: de balde
Panorámica de Baiona // Turismo Rías Baixas

Xoves no Camiño en Baiona

Co obxectivo de fomentar o Camiño Portugués pola Costa ao seu paso por Baiona, o concello vén de poñer en marcha unha iniciativa de visitas guiadas de balde polo trazado peregrino. O percorrido deste tramo da Ruta Xacobea será en dirección á praza de Santa Liberata e continuará polas rúas Manuel Valverde, Conde e O Burgo, até chegar á Praza Vitoria Cadaval de Sabarís.

Aínda que o seu percorrido é lineal e de dificultade baixa, recoméndase levar roupa cómoda e protección solar para percorrer nunha hora e media, aproximadamente, os 3,5 quilómetros da ruta.

Ademais desta nova iniciativa, Baiona conta coas tradicionais visitas ao conxunto histórico entre o 15 de xullo e o 30 de agosto, que podes consultar aquí.

Datos das visitas en Baiona

  • Duración: 90 minutos
  • Punto de Saída: Oficina de Turismo. É necesaria inscrición previa no 986 68 70 67
  • Horarios: xoves ás 10:00 horas
  • Prezo: de balde
Temas: Baionaplanes gratisRedondelaTuiturismovisitas guiadas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Foto: Casa do Penedo.
Escapadas

La "casa más extraña del mundo" está en el norte de Portugal y ofrece varias experiencias

Una piscina en una roca, visitas guiadas o comidas top. La casa "más extraña" del mundo ofrece estas experiencias en el norte de Portugal

PorIván Dacal
18/05/2025
Escapadas

Estas son las experiencias y alojamientos turísticos premiados por su calidad en Ourense

Si estás buscando una escapada por Galicia, estos son los destinos turísticos de mayor calidad en Ourense. La provincia ha logrado hasta 47 reconocimientos

PorAlfredo Teja
12/05/2025
Escapadas

La Diputación lanza un programa para viajar en familia por las Rías Baixas con grandes descuentos

¿Te gusta viajar en familia? La Diputación de Pontevedra lanza un nuevo programa con grandes descuentos para disfrutar de escapadas por las Rías Baixas

PorMetropolitano
12/05/2025
Escapadas

Portugal reconoce 5 enclaves cerca de Galicia con sus "Rotas do Norte" y merecen una escapada

Melgaço suma 5 nuevos enclaves a las famosas "Rotas do Norte" de Portugal. Apúntatelos para tu próxima escapada desde Galicia

PorAlfredo Teja
12/05/2025
Enfoque

A UVigo acada cinco contratos con empresas para desenvolver tecnoloxías aeroespaciais

PorMetropolitano
16/05/2025

Belén Rubio destaca “a fortaleza do modelo de colaboración entre academia e tecido empresarial"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

24may10:00Andaina interpretativa no RosalANDAINA | O ROSAL

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

31may12:00VERBENA MARKET EN VIGOMERCADILLO | VIGO

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X