Boa música e un ambiente de positivismo e alegría para pechar o 2017 e dar a benvida ao novo ano como se merece. Esta é a proposta da Asociación Cultural Betún e o Concello de Tui para este sábado, 30 de decembro. Nunha cita xa habitual, o concerto de fin de ano de 2017, contará este ano coas voces do coro Mistura Vocal e co swing elegante do grupo The Swinging Flamingos.
A cita, que estaba prevista inicialmente na Praza da Frómista, se celebrará finalmente no interior do local da asociación, en pleno conxunto histórico tudense (rúa Cuenca, 82) debido as previsión de chuvia.
O evento arrancará ás 19:30 horas con Mistura Vocal, coro dirixido por Aloia Martínez e especializado na música galega contemporánea. Pola súa parte, The Swinging Flamingos buscan trasladar a un formato reducido a esencia das grandes big bands norteamericanas. Formado por Antonio Otero (voz e saxo tenor) Álex Salgueiro (órgano Hammond) e Chus Pazos (batería), o grupo trasládanos á Nova Orleans dos anos 20.
A entrada é de balde para os socios. A Asociación Cultral Betún organiza ao longo do ano concertos todas as fins de semana, ademais de eventos especiais no Conxunto Histórico de Tui. A cota de socio é de 2€ anuais no caso dos denominados “socios betas” e de 5€ mensuais no caso dos betuneiros.
El Rocha Folk suma una nueva edición este verano en Tui. Habrá actuaciones musicales, desfiles, talleres y una comida campestre
Nace un nuevo festival músico-culinario en un entorno idílico. Esta primera edición reunirá a cinco cocineros top de Vigo
Esta parroquia de Galicia tiene su propia Festa da Aguardente, y es una de las más históricas. Así será la celebración, con queimada incluida
Las fiestas de este barrio de O Porriño llegan cargadas de música en directo y gastronomía para todos los públicos
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL