O entorno do Pazo de Mos está afeito aos cambios de época, música e ambientación. Pero a primeira fin de semana de setembro non volve a 1809 onde foi protagonista na invasión francesa, senón que envólvese na áurea celta para reafirmar o folk galego. Co obxectivo de “converterse nun referente da música galega”, o Festival Intercéltico de Mos "O Son do Pazo" troca as datas no calendario –celebrábase en agosto- e reafirma a súa aposta por artistas da terra.
Deste xeito, o venres, 1 de setembro, as actividades comezarán ás 20:00 horas coa apertura das exposicións seguida da presentación do Festival ás 22:00 horas e a actuación da Banda de Gaitas Airiños do Castelo do C.C. Sta. Eulalia de Mo, organizadores do evento. Durante a noite seguiranlle Xiada, Radio Cos e Carunchos que rematarán os concertos ás 2:00 da madrugada.
O sábado comezará coa sesión vermú e pulpeiro para retomar forzas e ás 13:00 horas dará comezo un obradoiro de baile irlandés. Na tarde, este ano volve novamente o “Bailamos” que dará conta da parte de danza galega. A partir das 17:30 horas participarán máis de 10 grupos de baile galego do concello de Mos co convite do grupo de danza vigués Algarabía.
A música do sábado comezará a soar ás 22:30 horas cos Chavellos de Pereiras, seguidos dos madrileños de Irish Trebel. A actuación estrela do festival farase esperar até a unha da madrugada cando Susana Seivane suba ao escenario. Hora e media máis tarde será a quenda de Abobriga, encargados de pechar o festival deste ano.
O Son do Pazo celebra este ano o seu terceiro aniversario volvendo ao mes de setembro como na súa primeira edición, pero decidido a mirar ao futuro e asentarse como referencia da música folk e celta feita en Galicia. Nesa procura festivaleira, este ano o festival contará con acampada gratuíta para os asistentes. Os que así o desexen poden pasar a noite no Pavillón Patricia Martínez, ao carón do colexio Mestre Martínez Alonso.
Ademais, coma non podía ser doutro xeito en plena febre de food trucks, estes gastrocamións tamén estarán no festival de Mos por primeira vez. Así, a organización busca que os asistentes poidan “mercar comida e bebida sen ter que desprazarse do recinto”.
O Porriño ha anunciado un bombazo musical para sus Festas do Cristo. Habrá un concierto gratis de uno de los artistas top del pop español
Pontevedra se prepara para una nueva edición de la Feira Franca. Habrá espectáculos, representaciones, torneos medievales o exhibiciones
Vigo disfrutará en septiembre de una nueva edición de la Festa dos Pexegos. Así es esta gran fiesta que se celebra en Candeán
Esto es todo lo que se podrá disfrutar en la nueva edición de la Festa do Marisco de Vigo. Manjares y mucho ambiente marinero
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL