Por terceiro ano, o Concello de Tomiño celebra a súa "Semana da Educación", unha iniciativa que busca "traballar para mellorar as capacidades e habilidades do alumnado, sempre dun xeito integral e involucrando a todos os axentes implicados". Este ano terá lugar do 19 ao 22 de febreiro baixo o lema ‘Da casa á escola: ferramentas para unha educación eficiente’.
Durante catro días, o auditorio de Goián (19.00 horas) acollerá as conferencias de catro destacados profesionais do mundo da educación, a comunicación, a psicopedagoxía e a investigación que afondarán en cuestións como a motivación dos nenos e nenas, no bullying, na educación na adolescencia ou no establecemento de normas e límites.
A III Semana da Educación é unha actividade aberta na que se convida a participar a todos os axentes implicados, dende a comunidade educativa, profesores ou alumnado ata a familias ou profesionais do sector. A importancia destas xornadas está avalada por dúas edicións anteriores que “foron todo un éxito”, algo corroborado “pola gran asistencia de público, que se achega desde doutros lugares da comarca e mesmo de fóra do Baixo Miño pola importancia dos poñentes que reúne cada ano”.
Javier Cebreiros, doutor en Comunicación e socio do espazo de innovación social ‘Impact Hub Vigo’ e da empresa InfoJC, será o encargado de inaugurar a semana de conferencias o luns 19 de febreiro. Durante a súa intervención falará sobre a ‘Comunicación con emoción: a motivación está sobrevalorada’, na que a través de ferramentas prácticas, anécdotas e datos científicos ponse en valor a capacidade de elixir a actitude a adoptar en cada momento.
Alba Alonso será a protagonista na segunda xornada da III Semana da Educación o martes 20 de febreiro coa súa charla sobre ‘O bullying de xénero ou cando o mundo rosa/azul tórnase negro’. Especialista en maxisterio e cofundadora de RealKiddys, un proxecto para promover a igualdade de xénero entre a infancia, Alonso concienciará aos presentes sobre o estado actual do bullying en aulas e fogares e ofrecerá varias ferramentas para actuar contra os diferentes tipos de acoso escolar.
O educador social e mestre na Universidade de Barcelona Carles Vila será o encargado de impartir a conferencia do mércores 21 de febreiro, centrada en ‘Como escoitamos e miramos ás persoas adolescentes?’. Con máis de 19 anos de experiencia traballando con mozos e mozas, Vila promoverá a reflexión sobre os condicionantes cos que as persoas adultas miran ás persoas adolescentes e como isto inflúe nos procesos de educación.
María Hidalgo pechará a terceira edición da Semana da Educación de Tomiño o xoves 22 de febreiro coa súa conferencia sobre ‘Claves educativas para empoderar ás familias: como consensuar normas e límites esenciais’. Licenciada en Comunicación Audiovisual e máster en Cultura de Paz, Conflitos, Educación e Dereitos Humanos, Hidalgo dividirá a súa conferencia en catro bloques para falar das habilidades esenciais que os rapaces e rapazas deben de aprender fóra das aulas, dos riscos de educar dende o medo en lugar de desde o respecto, das prácticas nocivas na educación que se lle da aos fillos e fillas e da importancia do establecemento de normas e límites.
A participación nas xornadas da III Semana da Educación é de balde, previa inscrición. Todas e todos os interesados poden solicitar máis información ou anotarse na propia oficina da OMIX, no Barrio da Rocha 8, enviando un correo electrónico a [email protected] (facilitando nome, apelidos, DNI, mail e teléfono) ou ben chamando ao 986 62 20 01. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 14 de febreiro ás 13.00 horas. Todas as persoas que participen recibirán un certificado de asistencia.
Leiva anunció este viernes las fechas y los lugares en los que actuará el próximo año. ¡Consulta aquí su concierto más cercano a Vigo!
El Big Sound Festival Pontevedra descubre parte de su cartel para su primera edición. ¡Estos son los artistas confirmados!
Consulta los horarios y la oferta del centenar de puestos que están ya abiertos en el Mercado de Navidad Cíes Market de Vigo
Bueu acoge este fin de semana su Mercado de Navidad. Productos navideños, artesanía, comida y música durante dos días
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL