A participación de Xabier Díaz no Intercéltico de Moaña foi inesquecible. Un xoves, 27 de xullo, ninguén anticipaba a chuvieira que caeu sobre o paseo marítimo do concello morrancese e que inhabilitou o equipo de son por completo. Porén, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre saíron e arrasaron. Un público empapado, pero decidido a vibrar co folk a viva voz do artista galego. Fai unhas semanas, o propio Díaz en conversa con Metropolitano.gal lembraba es “unpluged de 35 minutos improvisado” como algo “tan marabilloso que sempre o recordarei como un dos concertos máis bonitos da miña carreira”. Agora, a o Concello de Moaña decide darlle unha segunda oportunidade para revivir ese momento histórico.
Ler entrevista completa na que Díaz fala do seu concerto en Moaña
Xabier Díaz estará no Intercéltico do Morrazo 2018. O músico coruñés presentará en Moaña xunto as Adufeiras o seu último traballo discográfico, Noró –algunhas músicas do norte- para que a comunión co público moañés continúe.
Díaz formou parte de Berrogüetto até a súa disolución en 2014 e colabora habitualmente en discos e concertos de artistas como Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera ou Guadi Galego.
Neste novo disco, segunda entrega do traballo iniciado con “The Tambourine man” continúase coa senda da música tradicional do norte peninsular, non soamente galega senón tamén zamorana ou leonesa.
Este é a segunda confirmación do festival que terá lugar entre o 26 e o 28 de xullo. A primeira foi o gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño, cabeza de cartel da segunda xornada do Intercéltico, o sábado, 27 de xullo. O seu concerto escaravellará na memoria dos asistentes para volver ao seu primeiro disco, Paralaia, un clásico na música folclórica galega.
El alcalde de Ourense desveló un nuevo concierto en las fiestas de la ciudad. Se suma al cartel una de las estrellas del reggaeton
Cuenta atrás para celebrar Salvaterra Milenaria, la fiesta de época que celebra los 1.000 años de historia del concello miñoto
El evento que triunfó en Vigo para runners repite en Vigo con una nueva edición de B(run)ch donde conocer gente y hacer deporte
El Festival de Cans convierte a O Porriño en el epicentro del cine nacional con personalidades como Alfonso Zarauza o Daniel Sánchez Arévalo
Belén Rubio destaca “a fortaleza do modelo de colaboración entre academia e tecido empresarial"
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL