Podería escoitarse un tema en galego no festival de Eurovisión? Polo de agora é só unha hipótese pero os eurofans españois mostraron o seu desexo para que así sexa nunha votación masiva que sitúa un tema de Tanxugueiras como o favorito para representar ao noso país nun festival que se retransmite en todo o mundo. " Figa", o rompedor tema que o grupo lanzou o pasado 9 de xullo, foi o elixido na votación lanzada por Eurovision-Spain e, segundo explican no portal especializado, "impúxose en todas e cada unha das votacións da sondaxe organizada durante este verán".
Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro lograron este éxito entre os fans do festival europeo cun tema que aposta pola proxección do canto e da música tradicional do noso país a través da súa reformulación e da súa confluencia con sonoridades electrónicas. Figa, cuxo nome remite ao emblemático amuleto contra o mal de ollo, bebe de coplas e simboloxías tradicionais, mesturadas con líricas de creación propia, coa intención de incidir na forza e na capacidade das mulleres á hora de afrontar a súa vida, alén das envexas, medos e críticas derivadas dun sistema marcadamante machista. Con este tema, Tanxugueiras quere rachar novamente cos estereotipos e salientar a caza de bruxas á que foron sometidas as mulleres ao longo dos séculos e que, a día de hoxe, segue a existir en multiples contextos; á vez que poñen de manifesto como agroman, desde o máis fondo, o empoderamento, a sororidade e a valentía feminina.
Nunca na historia de Eurovisión o noso país enviou un tema en galego. Esta edición podería ser a primeira na que se escoitase un idioma cooficial no noso país. A votación de Eurovisión-Spain demostra o cambio de sentir entre os eurofans españois e amosa o camiño que debería seguir TVE para elixir un tema que represente a España na 66ª edición do festival que se celebrará en Italia.
Con todo, esta votación non é vinculante e só demostra a posibilidade de poder escoitar novas propostas en Eurovisión. TVE anunciou que este ano relanzará o Festival de Benidorm para elixir o representante español. Será un "gran evento musical" que se celebrará a comezos de 2022 e que constará de tres galas. A vitoria dun tema en galego nunha das webs de referencia dos fans españois do festival podería anticipar unha revolución na preselección que podería levar un tema en galego a soar en toda Europa.
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de eurovision-spain | PrePartyES (@eurovisionspaincom)
Este miércoles se detuvieron a ocho personas un operativo en Bueu y Vilanova de Arousa en el que realizaron cinco registros
La detenida por golpear a un agente de la Policía Local en Vigo amenazó también a una médica del PAC de la calle Pizarro
El jueves y el viernes tampoco habrá servicios del tren Celta entre Vigo y Oporto por una huelga de trabajadores
La Policía pudo identificar a una sospechosa que actuaba como agente comercial, y ofertaba seguros a precios bajos
El UM25 de UVigo Motorsport, que cambiará de combustible y aportará por el etanol, competirá en los circuitos de Hungría y Croacia
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL