Bo balance para o Club Deportivo Miño-Os Teixugos na IX Taça Ibérica de Slálom celebrada esta fin de semana na freguesía de Covas, en Vila Nova de Cerveira. As e os deportistas tomiñeses acadaron un total de 12 medallas, cinco delas de ouro, na proba que cada ano abre a tempada de piragüismo na modalidade de augas bravas.
O club tomiñés participou nesta ocasión con 20 embarcacións, das que 15 pasaron ás probras finais con moi bos resultados. Na clasificación final por equipos, Os Teixufos remataron en cuarta posición, por detrás do Piragüismo Penedo de Caldelas, do Águas Bravas Club de Amarante e do Club Tea de Mondariz.
Organizada polo Club Deportivo Miño-Os Teixugos e pola Federación Portuguesa de Piragüismo, trátase dunha competición que vai gañando nivel ano a ano, “a máis importante que se fai no noroeste peninsular a nivel de participación”, puntuable para a Liga Galega de Slálom e para a Copa portuguesa e por segundo ano consecutivo proba integrada na Liga Internacional do Noroeste Ibérico de Slálom.
Nesta edición participaron un total de 160 embarcacións de kaiak e canoa dos clubs galegos e portugueses máis importantes nas categorías infantil, cadete, júnior, sénior e veterano que fixeron as súas espectaculares baixadas polas bravas augas do río Coura.
Na categoría sénior as primeiras posicións foron en K1 para Laura Alonso, dos Teixugos, e para Iván Silva, dos Águas Bravas Club de Amarante. En C1 feminino as participantes sénior quedaron fóra de finais, correspondendo o mellor tempo á júnior Ainhoa Lameiro, do Club Penedo, mentres que en C1 masculino o gañador foi o castelán David Burgos, do Club Río Lesma.
Pleno no podio de K1 infantil masculino, con Sergio Martínez en primeira posición, Samuel Castro en segunda e Alexis Segades en terceira. No resto de categorías masculinas do K1, en júnior Marco Patiño rematou duodécimo a causa dunha indisposición que non lle permitiu facer a baixada de finais e en sénior Brais Castro e Emilio Rodríguez acabaron en undécima e en décimo cuarta posición, respectivamente.
Pola súa banda, en K1 feminino, na categoría infantil Ainhoa Barreiro foi a gañadora e Alba Soutelo quedou en segundo lugar. En cadete Ariadna Pereira rematou segunda e en sénior Laura Alonso gañou a proba mentres que Marina Ruedas acabou terceira.
Xa en C1 Brais Castro obtivo a terceira posición na categoría sénior e Samuel Castro a primeira na infantil. En C1 infantil feminino, ouro para Alba Soutelo e prata para Ainhoa Barreiro.
Tui finaliza las obras de mejora en las pistas de Areas, recinto deportivo donde se podrá jugar gratis al tenis en estos horarios
As Celtas celebró este domingo un ascenso histórico tras golear en Valladolid. Las celestes se impusieron por 0 a 6 al Villa de Simancas
Fer López, Borja Iglesias e Iago Aspas fueron los goleadores de un Celta que desata la ilusión por jugar en Europa
El Celta abre este jueves el estadio de Balaídos para un entrenamiento a puertas abiertas. ¡Consulta aquí todos los detalles de la sesión!
Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL