As proxeccións de cine regresan este venres 17 de marzo a Tui. A cita será no Teatro Municipal da man de película para público infantil "Canta 2", a secuela do filme xa proxectado na cidade, ‘Canta’.
Esta será a última cita da programación teatral de febreiro e marzo en Tui. ‘Canta 2’ conta a historia de Bluster Moon e o seu elenco de estrelas, que se están preparando para estrear a súa actuación máis impresionante ata a data. Pero antes teñen que persuadir ó rockeiro máis solitario e huraño do mundo: unha vella gloria interpretada polo lexendario icono musical Bono.
Cunha duración de 110 minutos, ‘Canta 2’ está dirixida para todos os públicos. As entradas teñen un prezo de 4 euros, sendo de 3 euros cos descontos para os posuidores do carné xove, carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos. Poden mercarse en tui.gal até media hora antes do inicio da función.
A exposición, formada por 40 imaxes de especies vexetais citadas pola escritora nas súas obras, pódese vistar ata o 10 de mayo en Vigo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL