• Brincadeira Bouzas
  • Mercadiño
  • Cine gratis
  • Citas rápidas
  • Puente colgante
  • Ten turístico
  • Voando Rías Baixas
  • Choco Redondela
  • Santa Clara cultural
  • Grand Prix
  • Casiñas Sil
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Rivas presenta a súa lista de "persoas comprometidas" para revalidar a Alcaldía de Redondela

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
16/04/2023

A actual alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, presentaba este sábado a súa equipa para as eleccións municipais do 28M coa intención de "dar a coñecer máis de preto as persoas coas que traballarei os vindeiros catro anos" se consigue revalidar a Alcaldía. O lugar escollido para o acto foi a Praza de Ponteareas, por ser “un lugar símbolico e representativo da miña xestión no Goberno. Demostrando que se pode avanzar e transformar infraestructuras degradas para melloralas e ofrecer mellores servizos á cidadanía. Redondela hoxe é progreso e luce transformada gracias o apoio das persoas que escolléronme como alcaldesa”, explicaba Rivas.

O evento estivo amenizado polos músicos Xulio Lorenzo e Diego Bea e incorporáronse elementos audiovisuais como apoio á presentación. María Rita Pérez Táboas, Secretaria de Organización do Partido Socialista de Redondela, abría o acto dando “as gracias unha vez máis por estar hoxe aquí e por demostrar con esa presenza o voso compromiso, ese xeito de ser que as e os socialistas levamos no ADN e que nos fai traballar, con cada xesto por moi pequeno que pareza, a prol das nosas veciñas e veciños”.

Másnoticias

JAVIER VÁZQUEZ

Redondela se entrega al choco y se cita con "la repunante" Virtudes de Galiñanes y El Combo

10/05/2025

El "oro negro" de la Ría ya se degusta en la Festa do Choco de Redondela, estos son todos los precios

09/05/2025

Despois de ofrecer un vídeo resumo de todas as persoas que conforman a lista, estas foron incorporándose de forma ascendente segundo o seu posto. Os cinco primeiros postos da lista están conformados da seguinte maneira: En primeiro lugar a actual alcaldesa de Reondela, Digna Rivas, seguida de Pilar Martínez, Antonio Cabaleiro ocupa o terceiro posto, Rita Pérez será a cuarta na lista e, de quinto, Pedro Villaverde.

Pilar Martínez foi a encargada de dar paso á número un, Digna Rivas, cun discurso no que tendeu a man con ilusión para ofrecer o seu traballo e experiencia. “Estou aquí, estamos aquí, para o que necesitedes, coa seguridade de que faremos todo o posible para solucionar os problemas que se presenten. A mentira ten as pernas moi curtas. Non vos fiedes de promesas que non se poden verificar. A dereita e os seus políticos no Parlamento son o mesmo que en Redondela”, dicía no seu discurso Martínez.

Digna Rivas describía a súa equipa como “homes e mulleres comprometidos cos seus veciños e veciñas; persoas dispostas a traballar arreo para mellorar Redondela. Xente nova, comprometida a nivel deportivo, social, cultural e veciñal. Xuventude  vinculada estrictamente a Redondela. Homes e mulleres dispostos a mellorar, co seu esforzo o nivel de benestar da veciñanza e, volvo a repetir, sin mirar a cor política. Iso é, simplemente, o significado da palabra compromiso que todos e cada un delas e deles teñen perfectamente asumido”.

Durante o acto a número un do PSdeG de Redondela tivo palabras críticas para a xestión da Xunta de Galicia, pois segundo explicaba “hai catro anos, a Xunta  bloqueou toda canta iniciativa propúxose dende o Goberno que presido e, o que é aínda máis grave, co aplauso do PP local ao que lle daba igual que o Goberno da Xunta, o que debería ser o Goberno de todas e todos os galegos, prexudicaba e vulneraba os dereitos das e dos redondeláns. As reforma da Avenida Mendiño e a Avenida de Vigo en Chapela son dous claros exemplos de partidismo levado ao seu punto máis extremo”. Engadía o importante papel da Deputación de Pontevedra para levar a cabo os proxectos do seu goberno, “Aínda que xa o dixemos por activa e por pasiva, é preciso volver a repetilo: foi a Deputación de Pontevedra á que brindou axuda aos concellos e, como goberno socialista que é, o fixo sen mirar a cor política dos concellos que precisaban de recursos. É así como traballamos as e os socialistas, antepoñendo as necesidades da cidadanía a calquera consideración partidista”.

Rivas apoiouse nos feitos e nos proxectos realizados nos últimos catro anos para defender a súa candidatura, destacando  “a recuperación de espazos infravalorados para o esparexemento da cidadanía como é o caso da Senda Verde, convertido nun dos lugares de ocio por excelencia do municipio, ou a humanización e reforma da Av. de Santa Mariña; traballamos arreo para conservar e dar a coñecer o noso patrimonio artístico e cultura. Redondela é o cuarto municipio da provincia e os veciños e veciñas merécense infraestructuras á altura. Así que lle procuramos unha entrada digna na contorna da Praza de Ponteareas, unha das principais entradas á vila, convertida nun lugar de convivencia cidadá e anuncia, as persoas que nos visitan, que están nun concello en pleno desenvolvemento social, económico, político e cultural.

“Como dixen hai catro anos, cando soñabamos con cambiar o rumbo, ou mellor dito, a falta de rumbo dun Concello apático e partidista, as e os socialistas non prometemos nada nas campañas electorais, nos comprometemos que é ben distinto”, concluía Rivas.

Lista electoral do PSdeG-PSOE de Redondela

  • Digna Rosa Rivas Gómez
  • María del Pilar Martínez González
  • Antonio Cabaleiro Covelo
  • María Rita Pérez Taboas
  • Pedro Villaverde Campos
  • María Castro Abad
  • Iván Valles Rodríguez
  • Iria Vilaboa Álvarez
  • Alberto Álvarez Pérez
  • María del Rocío Lorenzo Alonso
  • Ignacio Eduardo González Lago
  • María Soledad Vidal Dasilva
  • Vicente Lamas Guisande
  • Olga María García Ballesteros
  • Santos Veiga Couñago
  • Lorena Rodríguez Vilaboa
  • Ricardo Balado Garrido
  • Noa Viaño Castañeda
  • José Luis Amoedo González
  • Marina Dos Reyes Muiños
  • Isaac Borja Araujo Figueroa

Suplentes

  • Adoración Civicos Garrido
  • Paolo Michele Panella Goy
  • Leticia González Guisande
  • Rafael Cernadas Pires
  • María Soledad García Figueroa
Temas: Elecciones municipales 2023PSOERedondela
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Cinco personas de Ponteareas acaban en el hospital por la mala combustión de un calentador

En concreto, el suceso tuvo lugar en el lugar de A Igrexa, en la parroquia de Guillade. El aviso se recibió durante la madrugada

PorEuropa Press
11/05/2025
Enfoque

La Brincadeira deja espectaculares imágenes aéreas de Bouzas a vista de dron

El dron de la Policía Local sobrevuela la fiesta de Bouzas y ofrece una perspectiva muy poco habitual de la Brincadeira y del propio barrio

PorPaula Carballo
11/05/2025
Enfoque

Luisa Sánchez: "Vigo tendrá este verano un festival de dos días, lo demanda la ciudad"

Luisa Sánchez es la nueva cara del PP en Vigo y vicepresidenta de la Diputación. Repasa su proyecto en esta entrevista con Metropolitano.gal

PorÁngel Vila
11/05/2025
Enfoque

Galicia recuperará su puente colgante más largo para volver a unir dos provincias

Este es el puente colgante más largo de toda Galicia y pronto volverá a estar disponible. Un planazo que no te puedes perder entre Pontevedra y A Coruña

PorAlfredo Teja
10/05/2025
Extra

La UVigo pone en marcha el horario especial de apertura de sus bibliotecas

PorMetropolitano
09/05/2025

Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

11may12:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X