O Concello de Baiona levará a cabo o cambio de luminarias tradicionais na vía pública por lámpadas LED. Procederase á substitución de 468 puntos de luz de diferentes viais da vila por tecnoloxía LED. As obras da iluminación supoñen unha inversión de 123.180 euros e levaranse a cabo nestes días con fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), da Deputación de Pontevedra e con fondos propios do Concello de Baiona.
A concellería de Urbanismo, Vías e Obras, Alumeado Público e Seguridade Cidadá do consistorio municipal, que dirixe o edil Óscar Martínez, está a cambiar as luminarias de varias zonas da localidade a tecnoloxía led para así reducir o consumo de enerxía eléctrica na iluminación pública.
“Este proxecto vai supoñer un importante aforro de enerxía e un aforro económico ao ano. Ademais, a substitución destas luminarias fai máis sostible a contorna, melloran a calidade da iluminación e reducen os custos de mantemento da instalación xa que as luminarias led teñen unha vida útil máis longa, son máis eficientes enerxéticamente e permiten unha regulación instantánea do fluxo lumínico”, explica o concelleiro.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destaca que “o obxectivo é seguir coas melloras enerxéticas no municipio e dar continuidade á instalación de tecnoloxía led” para lograr reducir o consumo de electricidade máis dun 80% co conseguinte aforro para o orzamento municipal. Esta nova substitución de luminarias por tecnoloxía led súmase as actuacións realizadas en diferentes zonas da localidade dentro deste plan de mellora da iluminación pública da localidade coa actualización de luminarias por tecnoloxía LED.
As rúas e camiños onde se levarán a cabo os cambios son a rúa Celavella, Camiño das Revoltas, Cabreiro e Camiño O Sinal en Baredo. En Fontes-Baíña, no Camiño das Chans, Camiño da Costa e no viario principal de acceso ao barrio. No Camiño da Granxa e no Camiño do Sobreiro en Belesar. En Santa Cristina da Ramallosa no Camiño As Fontiñas, na Rúa Sabarís Xuncal, no Camiño Dúas Canas, no Camiño Alborada e no Outeiro. En Baiona no Camiño do Pino Manso, no Camiño Rolán, no barrio da Anunciada e no Camiño Barxiela.
El Concello de Redondela se suma al sector marisquero y demanda a la Xunta más vigilancia y multas más duras contra los furtivos
Así es la nueva aventura gastronómica de un chef con Estrella Michelin en Galicia. Un proyecto tan innovador como clásico, que ya se puede probar
Una borrasca volverá a dejar lluvias importantes este lunes. En Vigo, al final de la semana se podrá disfrutar de varias jornadas de sol
María del Carmen Martínez Ínsua, dimite tras 12 años en el puesto. Firmó el informe de Patrimonio para el proyecto de Altri en Galicia
Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL