O Bloque Nacionalista Galego reclama a PP e PSOE que deixen de “dinamitar por intereses partidistas” o Campus do Mar na ETEA. A fronte nacionalista vén de rexistrar iniciativas no Parlamento galego para esixir que tanto a Xunta de Galiza como o Goberno español se comprometan a desbloquear este proxecto “estratéxico” para Vigo, que leva paralizado máis dunha década.
“A inacción e a falla de investimentos sistemáticas por parte das administracións públicas están facendo que as aspiracións da cidade e da comunidade investigadora continúen ano tras ano bloqueadas”, denunciou nese sentido a deputada do BNG no Parlamento galego, Alexandra Fernández, que demandou garantías do Goberno galego para impulsar “dunha vez por todas” este proxecto e do Executivo central un aumento das partidas orzamentarias para facelo realidade.
Fernández asegurou que a creación deste centros de investigacións mariñas na ETEA suporía dar un “salto cualitativo que convertería este complexo nunha referencia internacional”, desenvolvendo así o “grande potencial” nesta materia que existe en Vigo e Galiza. “Dende febreiro de 2012 está aprobado o instrumento de ordenación desta área, o que falta é vontade política para impulsalo”, reprochou.
A deputada nacionalista alertou de que esta “parálise” se está traducindo nunha continua degradación dos espazos públicos e dos inmóbeis previstos para acoller o Campus do Mar no antigo complexo militar de Teis. Ademais, advertiu de que esta demora está facendo perigar a chegada dos fondos europeos para este proxecto, tal como está denunciando de vez a comunidade investigadora, e lembrou que ten que estar finalizado no verán de 2025.
Sobre o papel do Goberno español, Fernández afeou que estea destinando máis recursos a outras sedes do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) que á futura sede na ETEA, malia o papel chave de Vigo e Galiza no campo das investigacións mariñas. “Esta discriminación evidencia o desleixo do Goberno central coa nosa cidade”, remachou.
Na mesma liña, o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lamentou que este proxecto “estratéxico” para situar Vigo como capital galega da innovación científica fique paralizado por causa da “permanente lea partidista e da falla de compromiso” por parte do PP na Xunta e do PSOE dende o Concello e o Goberno español.
“O único que fixeron uns e outros durante máis dunha década foi dinamitar este proxecto”, criticou Igrexas, que lembrou que ambas forzas políticas deixaron sen efecto os diferentes convenios asinados para desenvolver o futuro campus científico, tecnolóxico e das investigacións mariñas na ETEA. “Cunha descarada falla de cooperación e xogando, máis unha vez, ao canto peor mellor”, denunciou.
O portavoz nacionalista asegurou que o BNG non vai tolerar que os “intereses partidistas e o permanente pim-pam-pum” entre PP e PSOE teña como “reféns proxectos absolutamente chave” para o futuro da cidade, da área metropolitana e de Galiza. “Por iso imos reclamar de novo con rotundidade que o Goberno galego actúe para facilitar e axilizar a posta en marcha do Campus do Mar e tamén que o Goberno do Estado achegue os recursos necesarios”.
El alcalde de Vigo defenderá la candidatura de Vigo para que Balaídos sea finalmente una de las sedes del Mundial 2030
El aviso amarillo dejará puntualmente más de 15 litros metros por metro cuadrado en diferentes puntos de la geografía gallega
Los Premios de los Lectores de Viajes de National Geographic han galardonado a las Rías Baixas como mejor destino de playa en España
El centro comercial Vialia Vigo abre un nuevo local orientado a los productos ibéricos que completa la oferta gastronómica
El UM25 de UVigo Motorsport, que cambiará de combustible y aportará por el etanol, competirá en los circuitos de Hungría y Croacia
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL