• Festival Puerto Vigo
  • Inauguración Valença
  • Fiesta cerveza
  • Tren turístico
  • Chef Michelin
  • Reforma Galerías Durán
  • Amarante
  • Luisa Sánchez
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un Festival SinSal de verbena

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Ana G. ListePorAna G. Liste
29/07/2018





O sábado no Sinsal convertiuse nunha festa de doce horas. As boas vibracións comezaron no peirao, agardando por un barco que nos levaría a través de Rande ata a illa prometida. Unha travesía ata San Simón que funciona de preámbulo perfecto. Ninguén podía imaxinar naquel momento que ás sete e media da tarde acabaríamos facendo unha never ending conga. Esta edición do Sinsal está a ser máis verbena ca nunca.

Nada máis baixar do barco xa se despexa a gran incógnita. Quen toca hoxe? Aluvión de fotos ao cartel que nos recibe. Cosmo Sheldrake, Mordem, Karpov Not Kasparov, Altin Gün, Patricia Moon, Nakhane, Esteban & Manuel, La Dame Blanche, КУКЛА, Donny Benét. Unha boa mistura para un festival que xa é un referente fóra das fronteiras galegas.

Másnoticias

Una persona mariscando legalmente // ARCHIVO - CONCELLO DE REDONDELA

Redondela alerta de "bandas organizadas" de furtivos que saquean el marisco de la Ría de Vigo

11/05/2025
JAVIER VÁZQUEZ

Redondela se entrega al choco y se cita con "la repunante" Virtudes de Galiñanes y El Combo

10/05/2025

Para os non versados o Sinsal pode parecer difícil, as expectativas semellan estar moi altas. Mais todo o contrario, o bo ambiente da organización é contaxioso e non fan falta nin zonas vip nin reservados. Así, podes ver un concerto de música Italo Disco ao lado dos líderes do grupo Dorian (que horas antes actuaron en Castrelos) ou cruzarte cun alto cargo da Xunta en pantalón corto. A “experiencia Sinsal” da que tanto se leva falado existe, é boa, e temos que preservala.

Cosmo, un nome evocador en si mesmo, que lle vén ao artista británico da fascinación científica paterna [o seu pai é o autor da teoría da resonancia mórfica], fixo realidade a idea detrás do seu nome durante a súa actuación. Sheldrake conseguiu crear o su propio cosmos onte na illa de San Simón. “Such a lovely place to be” (“que bo sitio para estar”), dixo nada máis subirse ao escenario. El, que emprega o son duns porcos como base para un dos seus temas, improvisou en dúas ocasións durante o festival.



A verdadeira “experiencia Sinsal” é poder ver un concerto deitada. No escenario da illa de San Antón aparece Elba Fernández, agora inmersa nun novo proxecto [coñecímola con Jane Joyd], Mordem. A delicadeza coa que pasa dun asubío a un grito firme non deixa lugar a dúbidas: a galega ten maxia.

Chega o momento de xantar e tócalle o turno a Karpov Not Kasparov que lle poñen música aos movementos do xadrez. Con ese nome, que ían facer? Unha proposta de vangarda na que as súas bailarinas marcan a diferenza. O público comeza soltarse.

A xente tiña ganas de pasalo ben, de bailar, de verbena. Os de Altin Gün puxeron a mover as cadeiras ata aos que estaban nos seus barcos fondeados a carón da illa. Verbena á turca.

Viñamos de bailar dun xeito inapelábel cos ritmos de Altin Gün e resultou imposible non deixarse levar por ese "rock and love" da viguesa Patricia Moon e pouco despois polo magnetismo de Nakhane, que se gañou ao público. Toda unha descuberta a elegancia deste sudafricano sobre o escenario. Os seus agudos son de impresión. E as súas letras falan do empoderamento, o que tivo que adoptar el para presentarse como cristiano e homosexual no seu país. “Use the condom!” (“empregade condón!”), pediu na súa despedida.

Pode que Esteban & Manuel estean a facer festivais por enriba das súas posibilidades este verán, mais co seu estilo a priori afastado da estética do Sinsal lograron unha complicidade co público de alto voltaxe. Nunca se cantou tanto o nome dun grupo. De feito nesta crónica debería de haber un Esteban & Manuel cada tres liñas para reflectir o que onte aconteceu en San Simón.

A primeira never ending conga da historia do festival estivo dirixida por estes galegos que se moven na cumbia e son os reis do “autotune”. O dúo, que fai virtude da apoteose máis hortera, converteron a todos os modernos en fieis seguidores do seu estilo tropical. A pregunta segue sendo se eles van en serio ou tamén se están a rir de todo isto…





Como o Sinsal vai de sorpresa en sorpresa, o baile continuou coa proposta de La Dame Blanche. Hip hop, cumbia, dancehall e reggae con letras cargadas de denuncias sociais mantiveron os aires de festa na illa. Puro en man, Yaite Ramos despediuse entre berros de “outra, outra”.

O broche á xornada do sábado estivo a cargo do australiano Donny Benét. Semella a proposta máis pasada de moda que se poida programar nun festival hoxe e, aínda así, funciona. Será por iso? Quen sabe. A realidade é que persoas de todas as idades, gustos e preferencias quedaron prendadas por este eslabón perdido do Italo disco.

Igual é o hype, ou que a festa seguiu no barco de volta a Vigo, pero o mellor peche para unha crónica que se me ocorre é este: Longa vida ao Sinsal, un festival no que aínda se pode aprender algo de música.

Temas: Festival SinSalFestival SinSal 2018Redondela
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Imagen de Archivo
Enfoque

La venta de billetes de la oferta de más plazas de tren de Galicia a Madrid saldrá "en próximos días"

El Gobierno avanzó en el día de ayer que Renfe dispondrá de más trenes de Alta Velocidad y Avlo en sustitución de los tradicionales Alvia

PorMetropolitano
13/05/2025
Enfoque

El presidente de Abanca, sobre una fusión con Sabadell y Unicaja: "Claramente es un rotundamente no"

El presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, afirma que el banco gallego debe mantener su "gobernanza y modelo de negocio"

PorMetropolitano
13/05/2025
Enfoque

Un restaurante de Vigo tiene el mejor bocata de toda Galicia

Un paraíso entre dos rebanadas, ¿no es esa la mejor definición de un bocata? Vigo lo acaba de demostrar con el premio a Mejor Bocata de Galicia

PorAlfredo Teja
13/05/2025
Participantes en A Liga dos Cantantes Extraordinarios (TVG)
Enfoque

Vigo y O Porriño quieren tener al mejor cantante de toda Galicia

El programa "A Liga dos Cantantes Extraordinarios" busca la mejor de Voz de toda Galicia. Hay un participante de Vigo y una de O Porriño

PorPaula Carballo
12/05/2025
Qué hacer

Iniciación al arte 3D o hacer tu propio satélite, los cursos de verano que podrás hacer en la UVigo

PorMetropolitano
12/05/2025

La programación de los cursos de verano de Extensión Universitaria llega este curso con ideas frescas y propuestas renovadas. En total, el catálogo comprende siete talleres, tres de los cuales se imparten por primera vez. Iniciación al arte 3D, git...

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

17may10:00FESTA DOS CALLOS EN TOMIÑOFIESTA | TOMIÑO

24may10:00Andaina interpretativa no RosalANDAINA | O ROSAL

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X