• Brincadeira Bouzas
  • Mercadiño
  • Cine gratis
  • Citas rápidas
  • Puente colgante
  • Ten turístico
  • Voando Rías Baixas
  • Choco Redondela
  • Santa Clara cultural
  • Grand Prix
  • Casiñas Sil
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Pequeocio

Como festexar o Samaín en Vigo e a súa comarca cos máis pequenos?

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Uxía PérezPorUxía Pérez
30/10/2018

Non hai excusa. Vigo e a súa área permiten gozar ao máximo da Festa do Samaín. A urbe galega e a súa contorna teñen para este 31 de outubro unha chea de plans para gozar ao máximo desta festividade da cultura celta, actividades dirixidas ós máis pequenos que poderán desfrutar de diferentes espectáculos e facer distintos obradoiros. Aquí tedes as nosas propostas.

Barrio do Calvario

O Concello de Vigo tamén organiza a súa Festa do Samaín. Un dos escenarios elixidos será o paseo peatonal do Calvario, onde entre as 17:00 e as 20:00 horas haberá distintos obradoiros adicados para os máis pequenos. Sen embargo, o gran momento desta tradición celta terá lugar a representación da animación infantil "Matilda". A xornada pecharase coa actuación da Asociación Folclórica e Cultural Fiadeiro dende as 20:00 ata as 23:00 horas.

Másnoticias

Cinco personas de Ponteareas acaban en el hospital por la mala combustión de un calentador

11/05/2025
Multiusos Mercado de Sabarís

Baiona disfrutará de su sesión vermú más artística con estas dos obras de teatro

10/05/2025

Porta do Sol

É o outro escenario da festa organizada polo Concello de Vigo. Ademais dos obradoiros que tamén terán lugar no paseo peatonal do Calvario, o "corazón" da urbe galega completarase co pasacalles Draco que representará Troula Animación, que comezará ás 19:00 horas dende a Farola de Urzáiz.

Fundación Sales

A Fundación Sales acolle este mércores unha interesante actividade tanto para a rapazada como para os máis maiores. O seu marabilloso xardín albergará unha pasaxe do terror para celebrar o Samaín en dúas tandas. Os nenos de 6 a 12 anos terán a súa festa dende as 19:30 ata as 21:30 horas mentres que os adultos poderán gozar desta noite terrorífica dende as 22:00 ata as 00:00 horas. Os interesados deben inscribirse no correo electrónico info@salesxardin.com. As entradas teñen un prezo de 6 euros para a cativada e 12 euros para os adultos.

Praza da Princesa

A FAVEC festexa tamén esta festividade a partir das 17:30 horas con obradoiros de maquillaxe, pasteis de Samaín, música terrorífica e animación infantil.

Casco Vello de Vigo

A Praza do Berbés acollerá o evento que organiza a Asociación Veciñal do Casco Vello. A festa comezará ás 17:00 horas cun obradoiro de maquillaxe e calacús. Esta será a primeira actividade dunha xornada que proseguirá cos xogos tradicionais cantados e bailados "Bailadoriñ@s" ás 18:30 horas, o espectáculo "Traga Terrame" ás 19:00 horas, a actuación de grupos tradicionais infantís ás 19:30 horas, o percorrido da Santa Compaña polas rúas do Casco Vello a partir das 20:00 horas e culminará coa Foliada de defuntos ás 20:30 horas.

Navia

O barrio vigués tamén festexará o Samaín este 31 de outubro. A alameda será o escenario da conmemoración desta tradición da cultura celta. Ás 17:00 horas, os máis pequenos poderán participar no obradoiro de cabazas e papiroflexia; ás 18:00 horas chegará o momento de poñer música á festa coa actuación dos grupos de pandereteiras Estraloque e Pandega das Teixugueiras; ás 19:00 chegará o momento de gozar coa música de Setecuncas e ás 20:00 horas os asistentes verán a representación das obras de teatro "A mirada das bolboretas" e "Ratas".

Peter Pan chega a Tui

Un clásico da literatura como é a historia de Peter Pan, pero cunha nova lectura e adaptado aos novos tempos é o que chega este mércores 31 de outubro ao Teatro Municipal de Tui coa representación do espectáculo "Peter Pan y Wendy".

A obra trátase dunha comedia dirixida ao público familiar, pero sobre todo adicada a nenos a partir de 5 anos. É unha fábula sobre o tempo, o seu paso e o que supón, cunha historia de amor, con humor e o encanto dunha narración fantática. Unha viaxe ao País de Nunca Xamais co neno que nunca crece, Peter Pan, e Wendy, e a filla desta.

As entradas para o espectáculos están á venda ós prezos de 4 euros e 3 euros na web de culturatui.info ata o mércores 31 ás 12:00 horas. Logo poderanse mercar no despacho de billetes do Teatro dende ás 18:00 horas.

Moaña

A localidade da comarca do Morrazo tamén festexa o seu Samaín. O evento, organizado pola Asociación Cultural da Fontenla e o Concello de Moaña, prepara para este mércores 31 de outubro unha celebración na que os máis pequenos poderán desfrutar, en horario de 17:00 a 21:00 horas, de taller de maquillaxe, obradoiro de samaín, xogos con paracaídas, zona de bebeteca e xogar á chamada "caixa adiviña". Os actos terán lugar detrás da Praza de Abastos.

Baiona

Baiona tamén terá a súa Festa do Samaín. Este mércores 31 de outubro. O evento terá lugar na Alameda Carabela Pinta. Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen ao centro da vila real pasarán unha tarde terrorífica y poderán participar en diversas actividades. A xornada comezará ás 17:00 horas e prolongarase ata ás 19:00 horas cos "Obradoiros monstruosos" onde haberá diferentes labores como pinta caras, títeres de medo, meiga sorpresa ou casa encantada. De 17:00 a 19:30 horas os máis pequenos poderán gozar do chamado "pasadizo do pánico". Para pechar esta festa de Samaín, ás 19:00 horas, arrincará o gran "Flashmob do terror" onde todos os asistentes podrán bailar ao son de coñecidas coreografías musicais.

Ponteareas

A concellería de Cultura e Lecer do Concello de Ponteareas organiza dende a biblioteca pública municipal actividades relacionadas coa festa tradicional. O martes día 30, a partir das 18:00 horas, decoraranse calacús para expor na festa do Samaín que se celebrará o mércores 31 na praza da Perillana a partir das 17:30 horas. Na festa haberá obradoiros para nenos e nenas e como fin de festa un grande magosto. En caso de choiva as actividades trasládanse á praza de abastos.

Temas: BaionaFesta do SamaínMoañaO CondadoO MorrazoO Val MiñorPonteareasSamaín
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Pequeocio

La Xunta ofrece plazas en diez campamentos de la provincia de Pontevedra: precios, fechas y actividades

La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!

PorIván Dacal
30/04/2025
Enfoque

Vigo pone fecha a la inscripción de los campamentos de verano, que contarán con un total de 4.000 plazas

Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio

PorCarlos I. Castrillón
11/04/2025
Pequeocio

El centro comercial de Vigo que se convierte en un taller de cocina de filloas por el Entroido

El Centro Comercial Travesía, una "factoría de filloas" este lunes en una actividad para niñas y niños que tendrá lugar de 17:30 a 20:00 horas

PorMetropolitano
03/03/2025
Pequeocio

El mayor parque de atracciones del norte de Portugal anuncia su apertura y horarios este 2025

El parque de atracciones de los más pequeños de la casa está situado en el norte de Portugal, a menos de dos horas desde Vigo

PorMiguel Alonso
18/02/2025
Extra

La UVigo pone en marcha el horario especial de apertura de sus bibliotecas

PorMetropolitano
09/05/2025

Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

11may18:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X