Enfado en Marea de Vigo. O grupo municipal asegurou este luns ter datos que amosan unha ocupación hoteleira discreta en comparación con cidades como Santiago de Compostela ou A Coruña. Así o manifestou Xosé Lois Jácome, que declara que "fronte aos datos falsos e interesados emitidos pola federación provincial de hoteleiros, nos que o que si que queda patente é a consolidación do modelo de contratación precario na hostalería, con contratos asinados e finiquitados o mesmo día", matizou o concelleiro.
"É preciso sacar os datos reais do INE, da enquisa de consumo das familias e da contratación nos sectores do comercio e da hostalería e é preciso analizalos en clave de cidade, e non dunha parte polo todo, dunha zona moi concreta como é o centro, onde si que houbo cantidades inxentes de persoas, fronte ao resto dos barrios". Xosé Lois Jácome sinala que "os datos deben tomarse con rigor para que non se siga mentindo ao conxunto da sociedade viguesa cando se decide destinar unha cantidade inxente de recursos públicos nun 'deambulatorio iluminado' para que pasee compulsivamente un alcalde que en vez de solucionar os problemas derivados da súa xestión fai do 'presentismo paseante' un xeito de traballo cando menos pouco produtivo".
Marea de Vigo afirma que xa existe certa alarma no sector do comercio no resto dos barrios de Vigo cara a campaña de rebaixas, causada polo "efecto chamada" nos apenas 800 metros entre Porta do Sol e a Farola de Urzáiz e os 400 metros entre esta e o Monumento ao Traballo de Gran Vía, que "baleiraron outras rúas moi sensibles aos ingresos polas ventas do comercio local como Travesas, Gran Vía no tramo entre Praza de España e Praza de América, O Calvario, a zona de Torrecedeira e por suposto os barrios e parroquias do rural".
O edil Xosé Lois Jácome pide ás viguesas e vigueses que compren nos barrios, no comercio de proximidade, que é o que xera emprego, fixa poboación nos barrios e comporta vida ás nosas rúas. "A campaña das rebaixas debería ser unha oportunidade para emendar o grave erro de converter a Vigo no espazo que hai entre unha estrutura metálica con forma de cono, unha bola de ferro e miles de leds que teñen custado máis que o que este concello adica a política de loita contra a pobreza e exclución social", conclúe Jácome.
El Concello de Redondela se suma al sector marisquero y demanda a la Xunta más vigilancia y multas más duras contra los furtivos
Así es la nueva aventura gastronómica de un chef con Estrella Michelin en Galicia. Un proyecto tan innovador como clásico, que ya se puede probar
Una borrasca volverá a dejar lluvias importantes este lunes. En Vigo, al final de la semana se podrá disfrutar de varias jornadas de sol
María del Carmen Martínez Ínsua, dimite tras 12 años en el puesto. Firmó el informe de Patrimonio para el proyecto de Altri en Galicia
Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL