• Festival Puerto Vigo
  • Inauguración Valença
  • Fiesta cerveza
  • Tren turístico
  • Chef Michelin
  • Reforma Galerías Durán
  • Amarante
  • Luisa Sánchez
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Letras Galegas: A RAG homenaxea a Carvalho Calero ao pé da súa casa de Santiago

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
17/05/2020

A Real Academia Galega celebrou hoxe o Día das Letras Galegas que este ano dedica a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) cunha homenaxe ao pé do que foi o seu fogar en Santiago de Compostela, na rúa Carreira do Conde. O acto consistiu nunha sinxela ofrenda floral debido ao estado de alarma declarado pola pandemia de coronavirus, que obrigou a adiar ata outubro o pleno extraordinario da RAG do 17 de maio que ía ter lugar en Ferrol, a localidade natal do homenaxeado. “Achegámonos a este lugar para ofrecer un ramo de flores na memoria de Ricardo Cavalho Calero nun sinxelo acto cheo de afecto, admiración e agradecemento. Moitos de nós fomos alumnos seus, lembramos o seu maxisterio, o seu traballo, a súa lealdade á causa de Galicia, o seu compromiso e a súa esixencia, que se concreta nunha obra nalgúns momentos certamente extraordinaria, monumental, moito máis se consideramos as circunstancias nas que a foi construíndo”, salientou o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. Tras as súas palabras, a académica Margarita Ledo Andión deu lectura a un poema do homenaxeado.

Á ofrenda floral asistiron tamén o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo Ansorena; e Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, institución na que Carvalho Calero se converteu en 1972 no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega en Galicia, sete anos despois de inaugurar as clases de galego na daquela única universidade galega. A homenaxe rematou coa interpretación do Himno Galego coa compaña de Susana Seivane á gaita.

Másnoticias

Esta es la curiosa palabra gallega que Mondariz Balneario reclama a la RAG

24/03/2025
Foto: IES Castelao de Vigo

Un instituto de Vigo se lleva un premio de la Xunta

26/02/2025

A xeración Halley

Noutra situación, a RAG estaría hoxe na cidade de Ferrol, cidade natal de Carvalho Calero, celebrando na súa lembranza o tradicional acto académico do 17 de maio, recordou Víctor F. Freixanes. “Mais os tempos e as circunstancias obrígannos a actuacións extraordinarias. Agardemos que, con máis acougo, poidamos celebrar o noso pleno extraordinario o 31 de outono próximo, coincidindo co 110 aniversario de don Ricardo, que naceu o mesmo ano en que apareceu no ceo o cometa Halley”, expresou en referencia a un dos poemas do escritor, filólogo e profesor, “Halley: 1910-1987”.

O presidente tamén tivo palabras de afecto para as fillas de don Ricardo, Margarita e María Victoria Carballo-Calero, que non puideron acudir ao acto por mor das restricións á circulación interprovincial vixentes.

Pero o 17 de maio é sempre “un día especial”, a “data simbólica do noso Rexurdimento, da nosa identidade nacional, do noso idioma, no que deprendemos os nomes primeiros das cousas e que nos instala entre as culturas do mundo”, salientou o presidente da Academia. A institución instaurou o Día das Letras Galegas o 17 de maio de 1963 cadrando co centenario da publicación dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Aquela primeira celebración tivo lugar en Santiago de Compostela, no pazo de Fonseca da USC, e contou coa participación do propio Carvalho Calero, cun discurso dedicado á poeta que tanto estudou como crítico literario.

Tras as palabras de Víctor F. Freixanes, a académica Margarita Ledo deulle voz a outro poema no que Carvalho Calero volveu recorrer ao cometa Halley para trazar un retrato da súa xeración, o dedicado ao seu “irmán” Álvaro Cunqueiro en 1980, o mesmo ano en que o catedrático lle deu a benvida ao escritor de Mondoñedo na USC como doutor honoris causa. “O primeiro aeroplano ensaiaba o seu voo, ti ja o dixeches, / namentres nós nacíamos. / E o cometa Halley brillaba no ceu, / e Tolstoy se apagaba cando nós nacémos (...). A princípios de século nacémos, / a fins de século morrémos. / Ti e máis eu fomos, verdadeiramente, / fillos do noso século”.

Tributo na Rede

Dado o contexto extraordinario deste 17 de maio, a Real Academia Galega reforzou nas últimas semanas a oferta de contidos dixitais arredor da vida e da obra de Ricardo Carvalho Calero e anima a toda a sociedade galega a celebrar o día grande da lingua e da cultura galegas aproveitando ao máximo as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da comunicación.

A institución agarda poder retomar as celebracións presenciais do Ano Carvalho Calero á volta do verán. O pleno extraordinario do Día das Letras Galegas foi reprogramado para o 31 de outubro, cadrando co cento dez aniversario de Ricardo Carvalho Calero e agardando que para aquela data as circunstancias sexan máis propicias. A cita mantense no teatro Jofre de Ferrol. Máis adiante será o momento do simposio académico dedicado ao autor, onde se recollerán distintas achegas de carácter científico arredor da figura e do herdo intelectual do homenaxeado. A RAG prevé rematar o ano cunha coidada edición da correspondencia cruzada entre Carvalho Calero e Ramón Otero Pedrayo, realizada en colaboración co Parlamento de Galicia, a Fundación Penzol e a Fundación Otero Pedrayo. Son en total máis de 180 cartas editadas e anotadas por Patricia Arias Chachero e Adrián Estévez, acompañadas dun prólogo de Xesús Alonso Montero.

Temas: Día das Letras GalegasLetras GalegasRAGReal Academia Galega
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Las bandas de Vigo podrán grabar sus propios temas gratis con esta iniciativa

Con esta iniciativa las bandas de música y artistas de Vigo podrán ser escogidas para grabar su propia música y promocionarse

PorGabriel González
26/04/2025
Enfoque

El talento vigués de Fon Cortizo triunfa en Moscú con el premio al mejor cortometraje

"Abellón" se hizo este jueves con el Premio al Mejor Corto en el Festival Internacional de Cine de Moscú entre los 12 seleccionados

PorÁngel Vila
25/04/2025
Gafapasta

Fechas y horarios para ver en Vigo las películas galardonadas en los Premios Oscar 2025

Todavía tienes varias oportunidades para disfrutar en Vigo de las películas ganadoras de las principales categorías de los Oscar

PorMetropolitano
04/03/2025
Imagen de una estatuilla de los Oscar // SHUTTERSTOCK/LANKS
Gafapasta

De Vigo a los Óscars, los dos cortometrajes que triunfaron en el GFFF que optan al eunuco dorado

Dos de los cortos premiados en el Galician Freaky Film Festival de Vigo en 2024 lucharán ahora por triunfar en los Oscars

PorPaula Carballo
27/01/2025
Qué hacer

Iniciación al arte 3D o hacer tu propio satélite, los cursos de verano que podrás hacer en la UVigo

PorMetropolitano
12/05/2025

La programación de los cursos de verano de Extensión Universitaria llega este curso con ideas frescas y propuestas renovadas. En total, el catálogo comprende siete talleres, tres de los cuales se imparten por primera vez. Iniciación al arte 3D, git...

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

17may10:00FESTA DOS CALLOS EN TOMIÑOFIESTA | TOMIÑO

24may10:00Andaina interpretativa no RosalANDAINA | O ROSAL

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X