• Brincadeira Bouzas
  • Mercadiño
  • Cine gratis
  • Citas rápidas
  • Puente colgante
  • Ten turístico
  • Voando Rías Baixas
  • Choco Redondela
  • Santa Clara cultural
  • Grand Prix
  • Casiñas Sil
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Pequeocio

O Apalpador pon rumbo á provincia de Pontevedra: estas serán as súas paradas

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
10/12/2020

O Apalpador non faltará á súa tradicional cita coa provincia de Pontevedra este Nadal. Adaptado ás limitacións da COVID volverá dende o Courel para felicitar as festas á rapazada – e tamén ás persoas adultas- con pasarrúas musicais ao longo de 23 concellos e tamén difundindo nos centros escolares vídeos gravados en 36 municipios da provincia p0ñendo en valor a natureza, a lingua galega e tamén a alimentación saudable.

A deputada de Lingua, María Ortega, explicou que este ano foi obrigado mudar o formato tradicional da chegada do Apalpador por mor da pandemia, o que foi “un novo reto para achegar o Nadal e a ilusión a todas as casas da provincia de Pontevedra”. Así, este ano, “un pouco diferente, pero igual de emocionante”, o Apalpador vai visitar 23 concellos da provincia, e neles fará un pasarrúas xunto a un compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e do seu burro Río Lor para que os nenos e nenas poidan gozar das súas lendas, da súa sabiduría sobre “o noso rural e sobre o noso medio natural”. Nesta ocasión, non se centrará nun sitio, praza ou zona de xogos ao que se acheguen as crianzas, senón que irá percorrendo as rúas das vilas para que cativas e cativos o vexan.

Másnoticias

TURISMO DE GALICIA

Abren las inscripciones para conocer las Brañas de Xestoso, un paraíso interior en Pontevedra

10/05/2025

El área de Vigo ganará una nueva zona recreativa con bar, un paseo costero y espacios naturales

07/05/2025

Ademais, explicou Ortega, como non todos os nenos e nenas poderán achegarse no día no que se realiza o pasarrúas, haberá outra maneira de ver á tradicional figura do Nadal galego. “O Apalpador tivo a xenerosidade de gravar unhas pezas de vídeo en diferentes lugares vencellados coa natureza da provincia. Estes vídeos enviaranse aos centros educativos para que nos últimos días de colexio, antes das vacacións de Nadal, o profesorado poida ensinar a mensaxe de ilusión e de coidado e responsabilidade co medio ambiente que temos nós como habitantes do planeta”, explicou a deputada de Lingua.

Pola súa parte, o Apalpador (representado polo contacontos Anxo Moure), agradeceu a confianza da Deputación depositada na súa figura: “Non é por este ano, este ano é o máis difícil todavía, senón que son xa moitos anos que estades a divulgar un personaxe que vén da montaña e que educa e conciencia aos nenos e nenas” sobre a fame que pasou Galicia, dando castañas asadas ás nenas e nenos que tiñan fame; divulga sobre a natureza e o coidado das montañas, dos vales, dos ríos, regatos; tamén sobre a comida sá; e sore a lingua, os nomes, “porque as nenas e nenos son descoñecedores do que é un freixo, un buxo, un aciñeira, un pradairo, un freixo… non coñecen os nomes das árbores. Tampouco coñecen os nomes de moitas froitas, laranxa, pexego, ameixa… Xa non saben que son”, subliñou.

Neste sentido, o Apalpador animou este ano a “agasallar verbas da nosa lingua, verbas vivas, que para sigan estándoo as nenas e nenos teñen que plantar un bidueiro, plántalo e protexelo, ou unha aciñeira, un amieiro”, destacou. Así mesmo, subliñou que o máis fermoso deste ano son os vídeos que se están a gravar e que se están a facer con Cris Lores, premiado hai anos pola Deputación no certame de Novos Talentos “en lugares absolutamente incribles”: “Hoxe gravamos ao amencer no porto de Bueu e dicíalle ao cámara que quedarán gravadas as imaxes para a historia desta provincia. Ogallá non, pero igual dentro duns anos desaparecen, por iso para min o Apalpador é unha figura moi impotante. Tanto Papá Noel, tanto Halloween e Black Friday! Que as nenas e nenos coñezan un pouco da súa contorna! Agardo que sexa unha viaxe inzada de ledicia”, subliñou.

O Apalpador non quixo perder a oportunidade de amosar a sintonía con outras figuras locais do Nadal, con outros nomes como o do Apalpabarrigas nos Ancares, Pandigueiro na montaña de Ourense, dos que sinalou que incluso están emparentados co Tientapanzas en Castela, co Lentxero no País Vasco, co Papafrío, Frozen en Rusia, ou co propio Papá Noel. Sobre este último sinalou que era un emigrante do Courel que quixo marchar a Alemania, pero que perdeu a parada do tren por quedar durmido, chegando ata Laponia, onde etimoloxicamente o seu nome de Papá Courel tornou en Papá Noel co paso do tempo.

A xira do Apalpador

Mércores 23 de decembro

12:00: A Illa de Arousa. Praza do Concello
17:00: Cambados
19:00: Barro

Xoves 24 de decembro

17:00: Tui
19:00: Mondariz

Venres 25 de decembro

12:00: Bueu
19:00: Cangas

Sábado 26 de decembro

12:00: As Neves
17:00: Covelo
19:00: Ponteareas

Domingo 27 de decembro

12:00: Moaña

Luns 28 de decembro

12:00: Silleda
17:00: Rodeiro
19:00: Cerdedo-Cotobade

Martes 29 de decembro

12:00: Poio
17:00: Vilaboa
19:00: Campo Lameiro

Mércores 30 de decembro

12:00: Baiona
17:00: Gondomar
19:00: O Porriño

Xoves 31 de decembro

12:00: Tomiño. Mercado municipal
17:00: O Rosal. Praza do Concello
19:00: Salceda de Caselas

Temas: ApalpadorDeputación de PontevedraNadalNavidad
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Pequeocio

La Xunta ofrece plazas en diez campamentos de la provincia de Pontevedra: precios, fechas y actividades

La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!

PorIván Dacal
30/04/2025
Enfoque

Vigo pone fecha a la inscripción de los campamentos de verano, que contarán con un total de 4.000 plazas

Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio

PorCarlos I. Castrillón
11/04/2025
Pequeocio

El centro comercial de Vigo que se convierte en un taller de cocina de filloas por el Entroido

El Centro Comercial Travesía, una "factoría de filloas" este lunes en una actividad para niñas y niños que tendrá lugar de 17:30 a 20:00 horas

PorMetropolitano
03/03/2025
Pequeocio

El mayor parque de atracciones del norte de Portugal anuncia su apertura y horarios este 2025

El parque de atracciones de los más pequeños de la casa está situado en el norte de Portugal, a menos de dos horas desde Vigo

PorMiguel Alonso
18/02/2025
Extra

La UVigo pone en marcha el horario especial de apertura de sus bibliotecas

PorMetropolitano
09/05/2025

Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

11may12:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X