A Xunta de Galicia vén de presentar este sábado a reforma dos antigos xulgados da rúa Lalín que se convertirán no centro de saúde integral Olimpia Valencia, co que o Sergas busca unificar a atención sanitaria do barrio vigués das Travesas e incrementar a carteira de servizos de atención primaria. O futuro centro levará o nome de Olimpia Valencia, a primeira doutora galega e figura que rescatou en 2019 do esquecemento a xornalista Ana Fuentes.
No transcurso desta presentación, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que a nova infraestrutura sanitaria vaise acometer este ano, para o que xa está consignado 1 millón de euros dirixido á licitación e inicio da obra. O futuro CIS, que emprazarase no antigo edificio dos xulgados da rúa Lalín unha vez trasladados estes á Cidade de Xustiza- e beneficiará a unha poboación de 42.000 persoas.
O obxectivo fundamental da nova infraestrutura é, segundo explican dende o Sergas, substituír ao centro de saúde de López Mora, que está "obsoleto", presentando unhas condicións estruturais precarias, cunha evidente limitación espacial que condiciona o seu crecemento e desenvolvemento.
O novo centro permitirá completar a carteira de servizos de Atención primaria e dotar a esa zona daquelas prestacións que a día de hoxe non están dispoñibles en ningún dos seus centros de saúde como Fisioterapia, Odontoloxía e Farmacia .
O proxecto presentado hoxe contempla unha superficie de 7.370 m2 construídos que será distribuída en seis plantas. Ademais dos servizos básicos de Medicina de Familia, Pediatría, Enfermería, Telemedicina e imaxe médica, Cirurxía menor, Sala de técnicas de alta resolución de Enfermería, Ecografía, Traballo social e Matrona, contará coas novas prestacións de Fisioterapia, Farmacia e Saúde bucodental. Ademais, contará tamén cunha base do 061.
Así, segundo describe a proposta arquitectónica, incluirá os seguintes espazos:
O número de profesionais do CIS será de 90 (o persoal dos servizos de primaria actuais que se integrarán no novo centro, máis o que corresponderá á atención ás novas prestacións) e o seu horario de funcionamento irá de 8.00 a 22.00 horas, facilitando así aos profesionais a conciliación coa vida familiar, ao posibilitarlles a realización de quendas deslizantes ou rotatorias.
A ampla capacidade prevista para a nova infraestrutura sanitaria permitirá "liberar espazos doutros centros de saúde cando sexa necesario", argumentan dende o Sergas, atendendo á demanda poboacional, a incrementos de recursos -tanto humanos como materiais-, ou a incorporacións de novas prestacións.
A exposición, formada por 40 imaxes de especies vexetais citadas pola escritora nas súas obras, pódese vistar ata o 10 de mayo en Vigo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL