O comité de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, acordou onte desconvocar os paros parciais cuxo inicio estaba previsto para hoxe unha vez que a empresa "deu marcha atrás na modificación substancial das condicións de traballo e accedeu a restablecer as xornadas completas que decidira partir para reforzar as liñas co obxectivo de cumprir as limitacións de aforo impostas pola pandemia".
O acordo, que chegou tras sete horas de negociación, establece que a empresa retomará a partir de hoxe mesmo os servizos modificados o pasado 12 de novembro para que o persoal afectado poida volver á súa xornada habitual. Nos casos nos que non sexa posíbel facelo de xeito inmediato fíxase un prazo non superior a 24 horas.
Tamén contempla a contratación de seis traballadores a tempo parcial para cubrir os reforzos necesarios nas liñas co obxectivo de cumprir as limitacións de afora impostas pola crise sanitaria. Estas contratacións serán de duración determinada, de luns a venres e con descanso en fin de semana, a xornada partida e a tempo parcial, tendo a única interrupción da xornada como mínimo durante dúas horas de descanso consecutivas entre as 11:00 e as 17:00 horas. A duración dos contratos terá como data límite o mantemento das limitacións de aforo, ou como moi tarde até o vindeiro 8 de xaneiro.
Dende o comité de empresa Vitrasa, presidido pola CIG, valoran positivamente o feito de que quede sen efecto a modificación das condicións de traballo imposta pola empresa, de xeito que o cadro de persoal recupera a súa xornada laboral habitual. Con todo, consideran "insuficiente" que a contratación sexa parcial e non a tempo completo e lembran que os traballadores da concesionaria do transporte urbano vigués seguen a facer "un número moi elevado de horas extra".
El Concello de Vigo señala que está dispuesto a mantener esa reunión con la Xunta, que mantiene la preocupación por las válvulas
El tren ha descarrilado en las proximidades del apeadero de la estación de As Neves y dejó al maquinista atrapado
Miles de personas abarrotaron el centro de la ciudad para bailar y vibrar en las primeras horas de la Navidad de Vigo
Vigo volvió a vivir este sábado un nuevo encendido navideño que a punto estuvo de quedarse a medias debido a un cortocircuito
Este preacuerdo está pendiente de la aprobación por el grupo de trabajo creado expresamente para este tema
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL